Marta González Piquero, nada en La Pola, Ḷḷena, o 29 de xullo de 1998, é unha xogadora española de hóckey a patíns que xoga de atacante no Hostelcur Gijón HC.
Traxectoria Iniciouse en C.P Pilar de La Pola, Ḷḷena. Ós 15 anos ficho polo Biesca Gijón (actual Telecable hockey club). Ó longo da súa carreira conta no seu palmarés con dúas OK Liga nas tempadas (2016/2017) e (2017/18), dúas copas da Raíña en 2016 e 2019, un campionato de España Autonómico sub-18 e unha copa de Europa en Lisboa (Portugal) en 2018. Como internacional coa selección española conta con dous campionatos do mundo coa selección española, en Iquique, Chile, en 2016 e en Nanjing, China, en 2017 e un Campionato de Europa en Mealhada (Portugal) en 2018.
Categoría:Nados en 1998 Categoría:Xogadores de hóckey a patíns de España