O volcán Poás é un estratovolcán activo de 2 708 metros de altitudeGLOBAL VOLCANISM PROGRAM, SMITHSONIAN INSTITUTION que se atopa no centro de Costa Rica, no Parque Nacional Volcán Poás. Entrou en erupción 40 veces dende 1828, incluíndo unha en abril de 2017 na que os visitantes e os residentes foron evacuados. O volcán e o parque que o arrodea foron pechados durante case 17 meses, cun perímetro de seguridade de 2,5 quilómetros estabelecido arredor do cráter. O 1 de setembro de 2018, o parque abriu de novo cun acceso limitado para a observación da área do cráter e é precisa facer unha reserva na páxina oficial do parque nacional. Os sendeiros adxacentos cara ó lago Botos así como o museo do centro de visistantes permanecen pechados.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Global Volcanism Program: Poás Volcano World: Poas, Costa Rica

Categoría:Montañas de Costa Rica Categoría:Volcáns de Costa Rica