A violencia sexual é calquera acto sexual ou tentativa de obter un acto sexual por violencia ou coerción, actos de tráfico de persoas ou actos dirixidos contra a sexualidade dunha persoa, calquera que sexa a relación coa vítima.World Health Organization., World report on violence and health (Geneva: World Health Organization, 2002), Chapter 6, pp. 149.[Elements of Crimes, Article 7(1)(g)-6 Crimes against humanity of sexual violence, elements 1. Accessed through ] Ocorre en tempos de paz e en contextos bélicos, é xeneralizada e é considerada como unha das violacións dos dereitos humanos máis común, omnipresente e traumática.

A violencia sexual é un problema de saúde pública grave e ten un impacto profundo na saúde física e mental a curto ou a longo prazo, cun maior risco de problemas na saúde sexual e reprodutiva, cun risco maior de suicidios ou infección de HIV.Holmes MM et al. Rape-related pregnancy: estimates and descriptive characteristics from a national sample of women. American Journal of Obstetrics and Gynecology, 1996, 175:320–324. Tamén se cualifican como violencia sexual os asasinatos que ocorren durante unha agresión sexual ou a consecuencia delas como é no caso dos crimes de honra. Aínda que as mulleres e as mozas a sofren en maior proporción, a violencia sexual pode ocorrerlle a calquera en calquera idade e é un acto de violencia que pode ser perpetrado por persoas proxenitoras, coidadoras, por persoas coñecidas e descoñecidas, así como polas parellas. É raramente un crime pasional, e é máis ben un acto agresivo que frecuentemente procura demostrar poder e dominio sobre a vítima.

A violencia sexual continúa a estar moi estigmatizada en todos os contextos, polo que o nivel de denuncias varía entre rexións. En xeral, é un fenómeno pouco rexistrado, polo que os datos dispoñíbeis tenden a subestimar a súa dimensión. Ademais, a violencia sexual é tamén unha área descoidada pola investigación, así entender máis afondo o problema é imperativo para promover un movemento coordinado contra el. A violencia sexual doméstica distínguese da violencia sexual relacionada co conflito.[Human Security Report (2012), Sexual Violence, Education and War: Beyond the mainstream narrative, Human Security Research Group, Simon Fraser University, Canada, Human Security Press] A miúdo, as persoas que coercen as persoas coas que están casadas cren que as súas accións son lexítimas polo vínculo matrimonial. En tempo de conflito, a violencia sexual adoita ser unha repercusión inevitábel da guerra atrapada nun ciclo continuo de impunidade. A violación de mulleres e dos homes é a miúdo utilizada como método de guerra (violación de guerra), como forma de atacar o inimigo, simbolizando a conquista e degradación das súas mulleres ou homes ou das persoas combatentes.Swiss S et al. Violence against women during the Liberian civil conflict. Journal of the American Medical Association, 1998, 279:625–629. Aínda que estea fortemente prohibida polo dereito internacional de dereitos humanos, polo dereito consuetudinario e polo dereito internacional humanitario, os mecanismos de aplicación son aínda fráxiles ou incluso inexistentes en moitos recunchos do mundo.

Desde unha perspectiva histórica, a violencia sexual considerábase como algo que tan só lles ocorría ás mulleres e como algo común e normal tanto en tempos de guerra como de paz desde os antigos gregos até o século XX. Isto conduciu á ignorancia de calquera dato de cales eran os métodos, obxectivos e magnitude desta violencia. Houbo que esperar a finais do século XX para que a violencia sexual deixase de se considerar unha cuestión menor e fose gradualmente criminalizada.

Ocio nocturno As contornas de vida nocturna poden proporcionar un espazo seguro para que as persoas socialicen e se divirtan. Porén, tamén son contornas clave para a participación en condutas de risco (por exemplo, consumo excesivo de alcol, uso de drogas ilegais ) e danos, incluída a violencia sexual, que se produce especialmente entre a xuventude, afectando sobre todo ás mulleres.

Factores asociados Varios estudos tratan de identificar cales son os factores individuais e colectivos que contribúen a que se produza violencia sexual nesas contornas.

Nivel individual Diversos estudos examinaron a relación entre a idade e o xénero e a violencia sexual. A literatura consultada sinala que as mulleres teñen unha maior probabilidade de seren vítimas de violencia sexual no ocio nocturno fronte aos homes, que teñen máis probabilidades de seren os que a cometen . Así mesmo, os estudos indican que existe unha forte relación entre o consumo de substancias (alcol e drogas) e a implicación en actos de violencia sexual no lecer nocturno. Cómpre sinalar que as investigacións consultadas indican que este tipo de actos están a suceder a idades cada vez máis temperás.

Nivel de relación Descubriuse que as persoas teñen un maior risco de sufriren unha agresión sexual nunha noite de festa se entre as persoas do grupo co que adoitan saír, algunha delas é vítima de violencia sexual. Tamén aumenta o risco cando os niveis de intoxicación no grupo son máis altos.

O nivel social das persoas que conforman o grupo tamén ten relación coa experiencia de violencia sexual. En concreto, un estudo atopou que un status social máis baixo no grupo asociouse cun maior risco de ser vítima de agresión sexual entre as mulleres que consumiran cinco ou máis bebidas alcólicas.

Nivel comunitario Os lugares de reunión tamén se asociaron coa prevalencia de violencia sexual durante unha saída nocturna. Deste xeito, os niveis máis altos de violencia sexual, a nivel de comunidade, estaban asociados coa densidade de puntos de venda de alcol con licenza (bares, pubs e clubs nocturnos).

Estudos realizados en España Ir a bares ou discotecas situase como a terceira actividade máis realizada pola mocidade española, por detrás de escoitar música e ver a televisión ou series en plataformas, segundo a enquisa do Instituto da Xuventude de 2021.

A Universidade de Málaga realizou dous estudos no 2019 e no 2022 acerca das diferenzas de xénero no lecer nocturno.

Estes estudos indican que o 90,1 % das mulleres entrevistadas aseguran que cando saen de festa lles preocupa o risco de sufrir un episodio de violencia sexual. En cambio, ao 70 % dos homes non lles preocupa isto en absoluto. Á súa vez, O 88,7 % das persoas participantes indicaron que o ideal nunha noite de festa era pasalo ben. Así mesmo, profundando na actividade coa que a mocidade desfruta, o 70 % das mulleres indicou que se divirte bailando, mentres que o 86,9 % dos homes sinalou o consumo de alcol e outras substancias como a actividade máis salientable do seu lecer nocturno. Deste xeito, pódese observar que dentro do ocio nocturno existen dúas actividades cun marcado compoñente de xénero. As persoas enquisadas sinalan que a imaxe dun home ebrio está máis normalizada que a dunha muller, segundo o 73,08 % dos entrevistados, dos cales o 81,3% son mulleres e os 64,3% homes. En canto ás agresións sexuais, o 73,6 % das persoas apunta que emborrachar a alguén é unha submisión química. Os resultados destes estudos indican que o 20% dos entrevistados asegura que coñece a algunha persoa á que drogaron para abusar dela sexualmente. Ademais, o 10,1 % mantén que algunha vez alguén verteu na súa bebida algunha substancia para tentar manipulalos. Nesta mesma liña, o 39,0 % das mulleres indica ter presenciado algunha vez un acurralamento mentres desfrutaba do lecer nocturno; e o 35,2 % dos homes coincide en telos presenciado nalgunha ocasión. Atendendo ós tocamentos non consentidos o 40 % das mulleres e o 38,9 % sinalan telos visto nalgunha ocasión. Por último, o 73,5 % destes mozos manteñen que os pubs, bares, discotecas, feiras ou festivais non son espazos igualitarios para as mulleres e os homes.

Prevención e resposta Xestión de riscos a nivel individual Descricións de estratexias individuais para reducir os riscos de violencia sexual relacionada coa vida nocturna (por exemplo, limitar o consumo de alcol, vixiar as bebidas, non volver soa para a casa). Malia que as estratexias de seguridade individual seguen a ser a práctica máis común, os consellos de prevención que se centran en cambiar aspectos do comportamento das vítimas poden reforzar a noción de que elas son as responsables de ser vitimizadas.

Programas para espectadores Deseñar estratexias para que o persoal do pub, bar, discoteca sexa quen de intervir e evitar un caso de violencia sexual. Latané & Darley suxeriron que para que os espectadores se comprometeran a axudar nunha situación crítica, deben pasar por cinco etapas (notar o evento, interpretalo como unha emerxencia, tomar a responsabilidade persoal de intervir, decidir como actuar e actuar). Máis en concreto, en Londres hai posta en marcha unha campaña baixo o nome “Ask for Angela”. Deste xeito, no caso de que unha muller se sinta incómoda só ten que se acercar a unha persoa que traballe nese pub e preguntar por Ángela. Nese intre, o persoal pon en marcha un dispositivo para axudala a saír do pub discretamente.

Campañas de sensibilización nos medios de comunicación O estudo realizado por Gunby informa de que a imaxe sexualizada das contornas de vida nocturna, incluída nos anuncios de alcol , entra en conflito co propósito de prevención da violencia sexual en contornas de vida nocturna.

Cambios lexislativos Controlar a densidade de puntos de venda, os prezos do alcol e a xestión das contornas de consumo) inflúe nos niveis de violencia sexual. En particular, en Inglaterra atopouse que as zonas de ocio nocturno con políticas máis estritas nas licenzas para o consumo de alcol teñan descensos significativos nas taxas de delitos violentos, delitos sexuais e delitos contra a orde pública.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Nuremberg Trials Fact Sheet The Tokyo War Crimes Trial ICRC Resource Center. Sexual violence in armed conflicts: questions and answers Office of the Special Representative of the Secretary General for Sexual Violence in Conflict UN Action against Sexual Violence in Conflict Brochure Stop Rape Now. UN Action Against Sexual Violence in Conflict Reporting and interpreting data on sexual violence from conflict-affected countries UN Action against sexual violence in conflict: Progress Report 2010-2011 Addressing Conflict Related Sexual Violence: An analytical inventory of peacekeeping practice Global Solution to Sexual Violence in Conflict, Chatham House, 18 de febreiro de 2013. Speech of the UN SRSG on Sexual Violence in Conflict, Haja Zainab Hawa Bangura. World Report on Violence and Health ICC Elements of Crimes

Categoría:Violencia contra as mulleres Categoría:Tortura Categoría:Violencia de xénero Categoría:Criminoloxía Categoría:Violencia