thumb|Galgo afgán dolicocefálico. En antropometría, o índice cefálico é a relación da anchura máxima da cabeza con respecto á súa lonxitud máxima, ás veces multiplicada por 100 por comodidade.

Historia O termo foi definido polo profesor sueco de anatomía Anders Retzius (1796-1860) e inicialmente usado en antropoloxía física para clasificar restos humanos antigos encontrados en Europa. É xeralmente obxecto de fortes críticas dadas as implicacións sociais que ten asociar a intelixencia con determinados grupos sociais e humanos.

Os estudos de Franz Boas cuestionaron a utilidade do índice cefálico porque encontrou que os trazos craniofaciais son altamente maleábeis nunha xeración (é dicir, poden diferir grandemente entre pais/nais e fillos).

En 2002 un artigo de Sparks e Jantz volveu a avaliar algúns dos datos orixinales de Boas usando novas técnicas estatísticas e concluíu que había un "compoñente xenético relativamente alto" na forma da cabeza.

En 2003, os antropólogos Clarence C. Gravlee, H. Russell Bernard e William R. Leonard analizaron novamente os datos de Boas e concluíron que a maioría dos achados orixinais de Boas eran correctos. Adicionalmente, aplicaron novos métodos estatísticos asistidos por computadoras aos datos de Boas e descubriron maior evidencia sobre a plasticidade cranial. Nunha publicación posterior, Gravlee, Bernard e Leonard revisaron as análises de Sparks e Jantz e argumentaronn que estes últimos (Sparks e Jantz) terxiversaron as afirmacións de Boas, e que os datos de Sparks e Jantz de feito respaldan a investigación de Boas.

Nos adultos, o índice xa non se usa excepto para describir aparencias de individuos, e non ten correlación co comportamento. Porén, ás veces séguese a usar para estimar a idade dos fetos por razóns legais e obstetriciais, nos casos onde as diferenzas nas formas do cranio entre poboacións diferentes son aínda de interese.

Índices cefálicos nos humanos miniatura|Índice cefálico visto desde arriba.BOD: diámetro biparietal; OFD: diámetro occipitofrontal. Os índices cefálicos son: < 75 % (femia), < 65 % (macho): dolicocefálico. 75 %-80 % (femia), 65 %-75 % (macho): mesocefálico. > 80% (femia), > 75 % (macho): braquicefálico.

Tecnicamente os factores medidos están definidos como a anchura máxima dos ósos que rodean a cabeza, por encima da crista supramastoidea (detrás dos pómulos), e a máxima lonxitude desde a parte máis facilmente observábel da glabella (entre as cellas) ao punto máis facilmente observábel da parte traseira da cabeza.

Animais braquicefálicos O termo tamén se aplica a animais, como cans e gatos. Os cans e gatos braquicefálicos (nariz chato) son moi sensíbeis ás altas temperaturas facendo especialmente importante a elección dunha superifcie para durmir ou unha gaiola para viaxes.

Lista de cans braquicefálicos: Bóxer Bulldog Pequinés Shih Tzu Shar Pei

Lista de gatos braquicefálicos: Gato persa

Animais dolicocefálicos Lista de caninos dolicocefálicos: Lobo Coiote Bull Terrier Galgos como Galgo afgán

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Cranio Craniometría

Ligazóns externas Índie cefálico .

Categoría:Antropoloxía Categoría:Termos biolóxicos