Birgit Hein, nada en Berlín o 6 de agosto de 1942 e finada na mesma cidade o 23 de febreiro de 2023, foi unha cineasta, autora e profesora univesitaria alemá. Con películas estruturais, ensaios sobre cinema e publicacións, foi considerada unha das pioneiras do filme underground e experimental, así como do cinema feminista de vangarda.

Traxectoria Birgit Hein estudou historia da arte e teatro na Universidade de Colonia a principios dos anos sesenta. En 1964, casou con Wilhelm Hein e dende 1966 até 1988 traballou con el en diversos proxectos cinematográficos experimentais. En 1968, cofundou XSCREEN, un espazo de exposicións en Colonia. Participou en Documenta 5 en Kassel, apareceu no Filmschau: New European Cinema en 1972 e como artista na Documenta 6 en 1977. O seu traballo conxunto presentouse en varias retrospectivas, por exemplo no "No Anthology Archives" de Nova York (1974), no "Filmmuseum Frankfurt" (1985), así como en Colonia (1988) e en Copenhague (1989). Dende 1991 creou a súa obra cinematográfica propia, separada de Wilhelm Hein, achegándose a un tipo de cinema máis intimista, feminista e persoal.

A partir do ano 1988 achegouse máis ó cinema de ensaio, coa cámara como ferramenta de reflexión de xénero ou a etnografía experimental. Tamén se adicou á organización e comisariado de varias exposicións sobre filmes experimentais. Por exemplo: A arte segue sendo a arte (Colonia 1974), o cine como película (Colonia, Berlín, Essen, Stuttgart 1977) e o cine como película (Londres 1979). Fixo xiras para o Goethe-Institut en Paquistán, Bangladesh e a India (1987) e participou no Congreso Internacional de Cinema Experimental de Toronto (1989).

Birgit Hein foi profesora da especialidade de cinema, na Universidade de Arte e Deseño de Braunschweig (HBK, Hochschule für Bildende Künste Braunschweig, Braunschweig) dende 1990, emeritando nesta universidade no 2007.

Moitos dos seus filmes estreáronse no Foro do Cine Novo, no Festival de Cine de Berlín (1986, 1992, 1995) ou na televisión (por exemplo Baby Will, I Will Make You Sweat, 1997) e tamén en coleccións de películas (por exemplo, B. Musée d'Art Moderne - Centro Pompidou, 1999).

Dende 2007 foi membro da Akademie der Künste Berlin (Academia das Artes de Berlín) dende 2012 foi subdirectora da sección Artes visuais.

Dende o ano 2015 empezou a ser máis coñecida nos circuítos de festivais españois, como no Festival de Cine Europeo de Sevilla, La casa Encendida, CGAI, o Foco Henri Langlois e a Tabakalera centran a súa obra na súa parte mais militante e feminista da súa obra.

Filmografía 1968: Película en Bruto, 16 mm, 20 min 1969: 625, 16 mm, 34 min 1974: estudos estruturais, 16 mm, 37 min 1978-82: Superman e Wonderwoman, performance cinematográfica 1982: Love Stinks - imaxes de demencia diaria, 16 mm, 82 min 1986: imaxes prohibidas, 16 mm, 87 min 1987-88: Kali-Filme 16 mm, 70 min 1991: The Eerie Women, 16 mm, 63 min 1994: Baby, I Will Make You Sweat, 16mm, 63 Min 1997: Mayflies, vídeo, 24 min 2000: La Moderna Poesia , 16 mm, 67 min 2006: Imaxes da Guerra, vídeo, 10 min 2007: Shanhai Light Impressións, vídeo, 10 min 2013: Película abstracta (Abstrakter Film) , vídeo, 10 min

Notas

Véxase tamén Bibliografía Ausstellungskatalog: documenta 5. Befragung der Realität – Bildwelten heute; Katalog (als Aktenordner) Band 1: (Material); Band 2: (Exponatliste); Kassel 1972 documenta Archiv (Hrsg.); Wiedervorlage d5 – Eine Befragung des Archivs zur documenta 1972; Kassel/Ostfildern 2001, ISBN 3-7757-1121-X Katalog zur documenta 6: Band 1: Malerei, Plastik/Environment, Performance; Band 2: Fotografie, Film, Video; Band 3: Handzeichnungen, Utopisches Design, Bücher; Kassel 1977 ISBN 3-920453-00-X

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Nados en 1942 Categoría:Finados en 2023 Categoría:Nados en Berlín Categoría:Directores de cinema de Alemaña Categoría:Feministas de Alemaña