miniatura|Cornelio Nepote. Cornelio Nepote (en latín, Cornelius Nepos), nado na Galia Cisalpina c. -100e finado en Roma c. -25, foi un biógrafo e historiador romano.
Traxectoria Coñécese pouco da biografía de Cornelio Nepote; ignórase o seu praenomen (primeiro nome), así como as súas datas exactas de nacemento e morte. En canto ao seu berce, sábese que era orixinario da Galia Cisalpina. Algunhas fontes citan a cidade de Hostilia, non lonxe de Verona; outros afirman que probabelmente foi Ticinum, a actual Pavia. Plinio o Vello refire que morreu no reinado de Augusto. Sen ningunha dúbida era traspadano, como o seu amigo Catulo, quen lle dedicou o seu libro de poemas; tamén estaban no seu círculo de amizades Cicerón e Tito Pomponio Ático.
Libre de preocupacións económicas (pertencía a unha familia de rango ecuestre), renunciou a facer carreira política, polo que non desempeñou ningún cargo público, senón que se entregou á súa afección literaria. Obra A súa obra principal é De viris illustribus, (Sobre os homes ilustres), e constaba polo menos de 16 libros de biografías sobre reis estranxeiros e romanos, xenerais, oradores, xurisconsultos, filósofos, historiadores, poetas e gramáticos, dos que só se conservou o terceiro, De excellentibus ducibus exterarum gentium ("Sobre os máis destacados xenerais dos pobos estranxeiros"), que contén a vida de 21 xenerais gregos máis a de Haníbal, Hamílcar e Datames. Destaca nesa obra a vida de Haníbal, ao que describe en termos moi eloxiosos, a pesar de ser un dos inimigos ancestrais de Roma. As outras biografías corresponden a Milcíades, Temístocles, Arístides, Pausanias, Cimón de Atenas, Lisandro, Cabrias, Alcibíades, Trasíbulo, Conón, Dión de Siracusa, Ifícrates, Timoteo de Anaflistos, Epaminondas, Pelópidas, Axesilao II, Eumenes de Cardia, Foción e Timoleón de Siracusa. Consérvanse fragmentos doutros sete libros, en especial un moi extenso do décimo cuarto, que contén as vidas de Catón e de Ático. Ese procedemento de emparellar estraxeiros e romanos influíu en Plutarco e na súa obra Vidas paralelas, onde as figuras emparelladas son gregos e romanos. As biografías de Nepote incorporan algunhas novidades, por exemplo incluír un personaxe vivo, como Ático, ou incluír a personaxes políticos. A estrutura destas biografías é moi libre, e oscila entre dous modelos: a biografía alexandrina, fundada no esbozo dos feitos externos do personaxe e unha caracterización fundada en anécdotas, e a biografía peripatética, máis artística, á maneira de Plutarco. Segundo el mesmo, as súas fontes serían, especialmente: A Historia da guerra do Peloponeso de Tucídides. As Helénicas e as Filípicas de Teopompo. A Historia dos persas de Dinón. A Historia de Sicilia de Timeo de Tauromenio. A Historia universal de Polibio. A Historia de Haníbal por Sosilo o Lacedemonio e outras historias de Haníbal por Sileno ou por Sulpicio Blitho, así como os Anais de Ático De historicis Latinis (Sobre os historiadores latinos), obra da que se conservan dúas biografías, as de Catón o Mozo e a do seu amigo Ático. Exempla (Actos exemplares), unha recompilación de anécdotas en cinco libros ordenadas por argumentos e actualmente perdida, que constituía un xénero literario novo para Roma. Chronica, unha historia xeral en tres libros que tampouco chegou á actualidade e que refería sincronicamente os principais acontecementos das historias grega e romana. Vita Ciceronis Epistolae ad Ciceronem Aemilii Probi de Vita excellentium
Nepote ten o mérito de introducir na literatura latina o xénero biográfico. Ademais ocúpase de personaxes e feitos alleos ao mundo romano, o que tamén é novo. O seu estilo é pobre en recursos, pero claro e sinxelo. Estilo e lingua O estilo de Nepote é breve e claro; posúe unha sobriedade aticista e móvese dentro do genus tenue, que lle dá á súa palabra un ton distendido. En canto á lingua, é clásica, aínda que non dunha pureza absoluta: Como autor non excesivamente preocupado polo estilo, vese influído pola lingua coloquial. Infíltranse bastantes arcaísmos, que sorprenden nun autor contemporáneo de Xulio César e de Marco Tulio Cicerón. Edicións antigas As edicións máis estimadas, segundo unha fonte decimonónica, o Dicionario de Bouillet, son: A editio princeps, Venecia, 1471. A de Johannes Andreas Bosius, 1806. A de Karl Ludwig Roth, 1841. A de Alfred Monginot, 1868. Notas
O contido deste artigo incorpora material dunha entrada da Enciclopedia Libre Universal, publicada en español baixo a licenza Creative Commons Compartir-Igual 3.0. Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
ligazón=|alt=|20x20px Wikimedia Commons alberga unha categoría multimedia sobre Cornelio Nepote. Textos latinos en Wikisource. Nepote no sitio da Bibliotheca Augustana (Augsburgo). Nepote: Sobre os homes ilustres (De viris illustribus); Libro III: Dos máis destacados xerais dos pobos estranxeiros (De excellentibus ducibus exterarum gentium). En castelán, traducido por Rodrigo de Oviedo. Texto latino no sitio da Bibliotheca Augustana. Texto latino , con listas de frecuencia e outras axudas en francés, no sitio AgoraClass, da Universidade Católica de Lovaina. Texto latino con índice electrónico no Proxecto Perseus. Falta o prefacio. Empregando o rótulo activo "load", que se acha na parte dereita, obtense axuda en inglés co vocabulario latino do texto. Texto latino parcial en Wikisource.
Categoría:Historiadores da Roma Antiga Categoría:Nados no século -I Categoría:Finados no século -I Categoría:Escritores en lingua latina Categoría:Biógrafos