miniatura|O Imperio Latino, O Imperio de Nicea, O Despotado de Epiro e o Imperio de Trebisonda En 1204, os cabaleiros da Cuarta Cruzada estableceron un estado cruzado coñecido como Imperio Latino ou Romania, con base en Constantinopla,Hamilton (1998), p. 259 tras saquear a cidade. Proclamábanse como os sucesores cristiáns do Imperio Bizantino. Balduíno IX, conde de Flandres, foi coroado como o seu primeiro emperador o 16 de maio de 1204.
Historia O nome latino do emperador era Imperator Romaniae, ou Emperador de Romania. O nome non ten nada que ver co estado actual de Romanía; é a forma latina do título de Emperador Bizantino, a quen o emperador latino esperaba substituír. O Imperio Bizantino nunca se chamou desta forma e o título do emperador era Basileus Rhomaion, ou emperador dos romanos. Isto produciu o curioso efecto de que en Europa existían ao mesmo tempo tres imperios romanos, sendo o outro o Sacro Imperio Romano xermánico.
O Imperio Latino reclamou todas as terras controladas polo Imperio Bizantino no momento en que Constantinopla foi conquistada e exerceron control sobre áreas de Grecia (os Estados Cruzados: O Reino de Tesalónica, o Principado de Acaia e o Ducado de Atenas). Con todo, a maioría do territorio permaneceu en mans de estados rivais dirixidos por aristócratas do antigo imperio, como o Despotado de Epiro, o Imperio de Nicea e o Imperio de Trebisonda. Os parentes de Balduíno loitaron durante moitos anos polos seus dominios. O Imperio Latino finalizou o 25 de xullo de 1261 cando Miguel VIII Paleólogo reconquistou Constantinopla, derrocando ao último emperador latino Balduíno II.
Os herdeiros de Balduíno II seguiron utilizando o título de Emperador de Constantinopla durante un século, e víanse como teóricos amos de varios estados latinos no mar Exeo.
Emperadores do Imperio Latino de Constantinopla Balduíno I (1204-1205). Henrique de Flandres (1206-1216). Pedro de Courtenay (1217). Iolanda de Flandres (1217-1219). Roberto de Courtenay (1221-1228). Xoán de Brienne (rexente) (1228-1237). Balduíno II morto en 1273. Conon de Béthune (rexente) 1219. María de Courtenay (rexente) (1228)VV. AA., A History of the Crusades, Volume II, p. 216. Narjot de Toucy (rexente) (1228–1231) Xoán de Brienne (rexente co título de emperador) (1229/1231En 1229 foi o tratado cos baróns do Imperio, pero chegou a Constantinopla en 1231: , , , y –1237) Anseau de Cayeux (rexente) (1237–1238) Narjot de Toucy (rexente) (1238–1239) Filipe de Toucy. rexente durante a ausencia de Balduíno II (1243–1248) (1251–1259)
Emperadores titulares Balduíno de Courtenay (1261–1273). Filipe de Courtenay (1273–1283). Catarina de Courtenay (1283–1308) con Carlos de Valois (1301–1308). Catarina de Valois (1308–1346) con Filipe I de Tarento (1313–1332). Roberto de Tarento (1346–1364). Filipe II de Tarento (1364–1373). Xaime de Baux (1373–1383). á súa morte, legou os seus dereitos titulares sobre o imperio a Lois I de Anjou, pretendente ao trono de Nápoles, pero nin el nin os seus sucesores utilizaron o título imperial.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Cruzadas Categoría:Imperio Latino Categoría:Século XIII