, tamén coñecido como , nado no estado de Zhao arredor de 310 ou 314 a.C. e finado no estado de Chu arredor de 235 ou 217 a.C., foi un filósofo e escritor confucianista chinés que viviu durante o período dos Reinos Combatentes e contribuíu ás Cen escolas de pensamento. Un libro coñecido como o Xunzi é atribuído tradicionalmente ao autor. As súas obras sobreviviron nunha condición excelente, e foron unha grande influencia na formación das doutrinas oficiais estatais da dinastía Han,John H. Knoblock. Early China, Vol. 8 (1982–83), páx. 29. The Chronology of Xunzi's Works. mais esta influencia minguou durante a dinastía Tang en relación coa de Mencio.

Xunzi discutiu figuras que ían dende Confucio, Mencio e Zhuangzi, aos lingüistas Mozi, Hui Shi e Gongsun Long e os legalistas Shen Buhai e Shen Dao.Karyn Lai 2017. páx. 55. An Introduction to Chinese Philosophy. Menciona a Laozi como figura por primeira vez na historia chinesa temperá,Tae Hyun KIM 2010 páx. 18, Other Laozi Parallels in the Hanfeizi e fai uso da terminoloxía taoísta, aínda que rexeita a súa doutrina.Robins, Dan, "Xunzi", 8. Epistemology, The Stanford Encyclopedia of Philosophy (Spring 2017 Edition), Edward N. Zalta (ed.),

Traxectoria Xunzi naceu como Xun Kuang. Algúns textos rexistran o seu apelido como Sun (孫) en lugar de Xun, talvez porque ambos os apelidos eran homófonos na antigüidade ou talvez porque Xun era un nome tabú durante o reinado do emperador Xuan de Han (73–48 a.C.), que tiña como nome de pía Xun. Herbert Giles e John Knoblock consideran a teoría do nome tabú como a máis plausible.

Non se coñece nada da súa liñaxe, e os primeiros anos da vida de Xunzi están arrodeados de misterio. As historias de cando viviu están enfrontadas; dise que coñeceu o rei Kuai de Yan durante a época de Mencio, mentres que Liu Xiang afirma que viviu máis de cen anos despois de Mencio. Os rexistros de Sima Qian indican que naceu en Zhao, e no condado de Anze erixiuse un gran memorial no seu suposto lugar de nacemento. Dise que á idade de cincuenta anos foi ao estado de Qi para estudar e ensinar na academia Jixia. O Shi Ji afirma que se converteu en membro da academia durante a época do rei Xiang de Qi, desestimando a historia de que fora o mestre de Han Fei, mais a súa cronoloxía daríalle unha vida de 137 anos.

Despois de estudar e dar clases en Qi, dise que Xunzi visitou o estado de Qin, posiblemente entre 265 e 260 a.C.,John H. Knoblock. Early China, Vol. 8 (1982–83), p.34. The Chronology of Xunzi's Works. eloxiou o seu goberno e debateu sobre asuntos militares co Señor Linwu (臨武君) na corte do rei Xiaocheng de Zhao. Máis adiante, Xunzi foi calumniado na corte de Qi e retirouse ao sur do estado de Chu. En 240 a.C., o Señor Chunshen, primeiro ministro de Chu, invitouno a asumir o posto de maxistrado de Lanling (蘭陵令), que inicialmente rexeitou mais logo aceptou. Porén, o Señor Chunshen foi asasinado en 238 por un rival e Xunzi polo tanto perdeu a súa posición. Retirouse, permanecendo en Lanling durante o resto da súa vida e foi enterrado alí. O ano da súa morte é descoñecido,David R. Knechtges and Taiping Chang 2014. páx. 1759. Ancient and Early Medieval Chinese Literature (vols. 3 & 4). aínda que se viviu para ver o ministerio do seu suposto alumno Li Si, como se conta, viviría ata os noventa anos, falecendo pouco despois do 219 a.C.John H. Knoblock. Early China, Vol. 8 (1982–83), páx. 34. The Chronology of Xunzi's Works.

Filosofía Xunzi foi testemuña do caos arredor da caída da dinastía Zhou e do levantamento do estado Qin que defendía "doutrinas centradas no control do estado, mediante o dereito e os castigos" (legalismo chinés). Como Shang Yang, Xunzi cría que as tendencias innatas da humanidade eran o mal e que as normas éticas foran inventadas para rectificar o pobo. A súa variante do confucianismo tiña non obstante un aire máis escuro e pragmático que o optimista confucianismo de Mencio, que tendía a ver os humanos como naturalmente bos, a pesar de que como a maioría dos confucianistas cría que o pobo podía ser refinado mediante a educación e os ritos.Robins, Dan, "Xunzi", 2. The Way of the Sage Kings, The Stanford Encyclopedia of Philosophy (Spring 2017 Edition), Edward N. Zalta (ed.) Porén, cría que só unha elite podía logralo.Robins, Dan, "Xunzi", 4. Education and Punishment, The Stanford Encyclopedia of Philosophy (Spring 2017 Edition), Edward N. Zalta (ed.) Adaptou o confucianismo ás ideas dos moístas e dos legalistas.John Knoblock 1990. páx. 172. Xunzi: Books 7-16. Con todo, ao contrario que outros confucianistas, Xunzi permitiu que o dereito penal puidese ter un papel lexítimo, aínda que secundario no estado.(R. Eno), 2010 páx. 1. Legalism and Huang-Lao Thought . Indiana University, Early Chinese Thought [B/E/P374].

Rexeita o Shang jun shu e as reclamacións de Zhuangzi de que o camiño cambia cos tempos, dicindo que o camiño fora inventado polos eruditos. Ao final parece que aceptou as estratexias argumentativas dos moístas e o concepto de modelos ou fa 法 (que os legalistas tamén aceptaran), dicindo que "o Ru modélaos a partir dos reis antigos". Ao contrario dos legalistas, dá pouca énfase nas regras xerais, avogando polo uso de exemplos particulares como modelos.

Finalmente, rexeitou admitir teorías do estado e da administración fóra do ritual e do autocultivo, argumentando que os cabaleiros, máis que as medidas promovidas polos legalistas, como as fontes de criterio obxectivo. O seu cabaleiro ideal ou junzi 君子, rei e gobernador axudado por unha clase de eruditos ou ru 儒, está "moi próximo a de Mencio", pero sen a tolerancia do feudalismo (xa que rexeitou os títulos hereditarios e cria que o status do individuo na xerarquía social podía ser determinada só polos seus propios méritos).Burton Watson 2003. Xunzi: Basic Writings. Robins, Dan, "Xunzi", 2. The Way of the Sage Kings, The Stanford Encyclopedia of Philosophy (Spring 2017 Edition), Edward N. Zalta (ed.),

Traducións En castelán Xun Kuang (2019). Rectificar los nombres: Xun Zi / Zheng Ming: Un capítulo fundamental en el pensamiento confuciano. Tradución directa ao castelán de Nuno A. Valenzuela Alonso. Miraguano.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Nuño Alberto Valenzuela Alonso, "Rectificar los nombres (Xun Zi / Zheng Ming): Un capítulo fundamental en el pensamiento confuciano". Edición bilingüe chino - español; prólogo de Eric Hutton (University of Utah , USA) y Pedro San Gines (Universidad de Granada, España). Published; Madrid. Miraguano Ediciones, 2019, España, UE. ISBN: 978-84-7813-483-0

Ligazóns externas 荀子 (La literatura china traducida en España)

Hsun Tzu historical information and writing excerpts Article from the Internet Encyclopedia of Philosophy Full text of the Xunzi Quotes by Xunzi “Tell me and I forget; teach me and I may remember; involve me and I will learn”

Categoría:Personalidades da filosofía Categoría:Nados na China Categoría:Nados no século -IV Categoría:Finados no século -III Categoría:Escritores da China Categoría:Escritores en lingua chinesa Categoría:Filosofía chinesa Categoría:Confucianismo