Xavier Espot Zamora, nado en Escaldes-Engordany o 30 de outubro de 1979, é un político andorrano, actual xefe de goberno do Principado de Andorra.
Traxectoria Xavier Espot Zamora naceu o 30 de outubro de 1979 en Escaldes-Engordany.
Realizou os seus estudos superiores en Barcelona, graduouse en Dereito pola Facultade da ESADE, na Universidade Ramon Llull. Tamén completou o máster en Dereito na mesma facultade e ao mesmo tempo completou o título de Licenciado en Humanidades tamén na Universidade Ramon Llull.
Entre setembro de 2004 e xuño de 2008 foi secretario xudicial da Batllia de Andorra e, entre xullo e decembro de 2008, foi secretario do Tribunal de Xustiza de Andorra. En 2009 traballou como batlle en prácticas no Tribunal de Grande Instance de Tolosa e no Tribunal de Primeira Instancia de Barcelona. Antes de ingresar ao goberno, exerceu como batlle andorrano na división civil número 2, na sección de menores número 2 e na antiga sección de instrución número 5.
En 2011 ingresou no Goberno de Andorra, presidido por Antoni Martí Petit como Secretario de Estado de Xustiza e Interior, baixo o mandato ministerial de Marc Vila Amigó. En 2012 pasou a ser Ministro de Xustiza e Interior do Principado de Andorra, engadindo máis adiante, en xaneiro de 2016, a carteira de Asuntos Sociais, sucedendo a Rosa Ferrer.
O 16 de maio de 2019 foi proclamado xefe de goberno polo Consello Xeral de Andorra.
Carreira política
2019 - presente : Xefe de Goberno do Principado de Andorra 2012 - 2019 : Ministro de Xustiza e Interior 2011 - 2012 : Secretario de Estado de Xustiza e Asuntos Internos
Distincións honoríficas
60px Presidente de honor (Gran Mestre) da Orde de Carlomagno, Principado de Andorra (2019-presente).
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Primeiro Ministro de Andorra
Ligazóns externas Currículum de Xavier Espot (.
Categoría:Presidentes do goberno de Andorra Categoría:Políticos de Andorra Categoría:Alumnos da Universidade Ramon Llull Categoría:Nados en 1979 Categoría:Nados en Andorra