Felisindo Carballo Romero, nado en Xinzo de Limia en 1900 e finado no mesmo concello o 8 de xullo de 1981, foi un político galego.

Traxectoria

Emigrante retornado, coa proclamación da Segunda República foi nomeado presidente da xestora de Xinzo de Limia o 21 de abril. Celebradas novas eleccións o 31 de maio, foi elixido alcalde o 5 de xuño adscrito ao Partido Republicano Radical. En 1935 foi nomeado interventor da Caixa de Aforros Provincial e deixou o cargo de alcalde. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 15 de xuño de 1942 e sufriu expediente de responsabilidades políticas.

Vida persoal

Casou con Carmen Taboada Álvarez, filla de José Taboada Cortés.

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Proclamación da II República en Xinzo de Limia (1931)

Categoría:Alcaldes de Xinzo de Limia Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Nados en Xinzo de Limia Categoría:Nados en 1900

Categoría:Finados en 1981

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes