A dos treroninos (Treroninae), coñecidos ba bibliografía internacional como pombas das froitas, é unha subfamilia de ave pertencente á subclase das neornites, infraclase dos neognatos, superorde das neoaves, granorde dos columbimorfos, orde das columbiformes, que se distribúen polas rexións meridionais do Vello Mundo, encontrándose en África e no sur de Asia, pero tamén en Australia, así como en moitas illas do océano Pacífico.

Características As pomabas das froitas teñen un corpo robusto, un pico curto e groso, as pata curtas e fortes, as ás de tamaño mediano e unha cola curta, formada por catorce plumas, xeralmente rectas, rara vez con forma de cuña alongada. Chama a atención a plumaxe vividamente coloreada dalgunhas especies, o que as distingue das especies, na súa maioría de cor gris, da subfamilia das columbinas.

Bioloxía O nome de "pombas das froitas" refírese á nutrición de moitas das especies desta subfamilia de pombas. Viven nas árbores e aliméntanse principalmente, case exclusivamente, de froitas. Algunhas das especies teñen adaptacións especiais do tracto gastrointestinal para dixeriren os froitos.Cadow, C. (1933): "Magen und Darm der Fruchttauben". Journal für Ornithologie 81 (1): 236–252.

Taxonomía Descrición A subfamilia foi descrita en 1840 polo zoólogo e escritor inglés, especializado en ornitoloxía, George Robert Gray, irmán máis novo do tamén zoólogo John Edward Gray,"Gray, George Robert (1808–1872)". En Oxford Dictionary of National Biography. Oxford, UK: Oxford University Press. na páxina 57 da súa obra A list of the genera of birds: with their synonyma an indication of the typical species of each genus.

Etimoloxía O nome científico da subfamilia está formado pola adición ao noe do seu xénero tipo, Treron, do sufixo do latín científico -inae, propio dos nomes das subfamilias de animais.

Sinónimo Ademais de polo basónimo, actualmente válido, a subfamilia foi coñecida tamén polo nome de Alectoroenas Agassiz, 1846, desbotado en virtude da regra da antigüidade.Alectoroenas Agassiz, 1846 en Nomenclator Zoologicus.

Especies Na subfamilia recoñécense os dez xéneros seguintes:Treroninae no ITIS.Goodwin, Derek (1983): Pigeons and Doves of the World, 3rd edition. Ithaca, Nova York, USA: Cornell University Press. ISBN 978-0-8014-1434-3.

Alectroenas G. R. Gray, 1840 Cryptophaps Salvadori, 1893 Drepanoptila Bonaparte, 1855 Ducula Hodgson, 1836 Gymnophaps Salvadori, 1874 Hemiphaga Bonaparte, 1854 Lopholaimus Gould, 1841 Phapitreron Bonaparte, 1854 Ptilinopus Swainson, 1825 Treron Vieillot, 1816

Porén, de acordo con estudos recentes de xenética molecular, as chamadas "pombas verdes" (xénero Treron) foron desvinculadas deste grupo, para formaren un taxon monofilético.Shapiro, Beth, et al. (2002): "Flight of the Dodo", Science 295 (5560): 1683. Segundo isto, as pombas verdes forman agora a tribo dos Treronini. As restantes pombas das froitas, coa excepción das pombas de froitas marróns (xénero Phapitreron), forman a tribo dos Ptilinopini. Estes dous grupos están relacionados (e incluídos) con outros na subfamilia recentemente creada dos Raphinae, que tamén inclúe o extinto dodo (Raphus cucullatus).

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía del Hoyo J., Elliott A. & Sargatal J. (1997): Handbook of the Birds of the World, Volume 4, Sandgrouse to Cuckoos. Barcelona: BirdLife International / Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-422-1. Josep del Hoyo & Nigel J. Collar, con David A. Christie, Andrew Elliott, Lincoln D. C. Fishpool (2014): Illustrated Checklist of the Birds of the World, volume 1 (Non-passerines), Handbook of the Birds of the World. BirdLife International, Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-9655-394-1. Worthy, T. H.; Hand, S. J.; Worthy, J. P.; Tennyson, A. J. D. & Scofield, R. P. (2009): "A large fruit pigeon (Columbidae) from the Early Miocene of New Zealand". The Auk: Ornithological Advances 126 (3): 649–656.

Outros artigos Columbiformes Colúmbidos

Ligazóns externas Treroninae na ADW.

Categoría:Colúmbidos