A República Socialista Soviética de Azerbaidján foi o nome dado ao estado resultante da República Democrática de Azerbaidján cando este territorio formou parte da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (URSS), entre 1936 e 1991, e da República Socialista Soviética Federativa Transcaucásica xunto coa RSS de Armenia e a RSS de Xeorxia, de 1922 a 1936.
Azerbaidján declarou a súa independencia da URSS o 30 de agosto de 1991, e foi renomeado República de Azerbaidján. Azerbaidján obtivo oficialmente a súa independencia o 25 de decembro de 1991, coa disolución da URSS, converténdose entón membro da Comunidade de Estados Independentes (CEI).
Véxase tamén
Outros artigos Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas Azerbaidján
Categoría:Historia contemporánea de Azerbaidján Categoría:Historia de Azerbaidján do século XX Azerbaidján