Moraleja de Enmedio é un concello español do sur da Comunidade de Madrid. Tiña en 2018 unha poboación de 5.021 habitantes.
Ten unha extensión de 3087,34 hectáreas e unha altura media de 670 metros cun relevo suavemente ondulado. Limita cos concellos de Móstoles, Fuenlabrada, Humanes de Madrid, Arroyomolinos, Navalcarnero, Batres, Serranillos del Valle e Griñón.
Existía xa no século XII, data na que se menciona a súa existencia nun documento sobre preitos territoriais da cidade de Segovia. Nel fálase de dúas localidades veciñas, actualmente despoboadas, chamadas Moraleja La Mayor e Moraleja de Los Buyeros, que explican o apelido 'de Enmedio'. Baixo xurisdición, primeiro de Segovia e despois de Toledo, en 1757 pasa a pertencer definitivamente á provincia de Madrid.
Demografía
Véxase tamén Ligazóns externas
Sitio web do concello
Categoría:Concellos da Comunidade de Madrid