Irlanda (en , e en ) é a terceira illa máis grande de Europa. Está situada entre o océano Atlántico e o mar de Irlanda. Politicamente está dividida na República de Irlanda (oficialmente chamada Irlanda), un estado que cobre os cinco sextos da illa (sur, leste, oeste e noroeste), e Irlanda do Norte, parte do Reino Unido, no nor-leste da illa.CIA World Factbook www.cia.gov O nome deriva do anglosaxón, e significa 'Terra de Ériu'.
A poboación da illa é aproximadamente de 5,8 millóns de persoas (2001); 4 millóns na República de Irlanda e 1,7 millóns en Irlanda do Norte.
Xeografía miniatura|Algúns trazos físicos de Irlanda son mostrados neste mapa. Un anel de montañas costeiras rodea as baixas terras chás centrais. O pico máis alto é o Corrán Tuathail, en inglés Carrauntohill, que mide 1 041 m. A illa está dividida polo río Sionainn, de 386 km, o río máis longo de Irlanda.River Shannon - Shannon Development Website www.shannonregiontourism.ie A vexetación exuberante da illa, produto do seu clima apracible e a súa frecuente pero suave choiva, deulle sobrenome de "Illa esmeralda". A superficie da illa é de 84 412 km².
Irlanda está dividida en catro provincias: Connacht, Leinster, Munster e Ulster. En irlandés son referidas como "cúigí" (cúige, "quinto"). Previamente había cinco provincias - Connacht, Munster, Ulster, Leinster ed Meath, formando os condados de Meath, Westmeath e Longford. Estes foron máis adiante divididos en 32 condados con propósito administrativo. Seis dos condados do Ulster permaneceron baixo soberanía británica como Irlanda do Norte trala división de Irlanda en 1922 (os outros 26 condados forman hoxe a República de Irlanda); dende a reorganización do Reino Unido de 1974 esta división condal deixou de existir en Irlanda do Norte para usos administrativos, a pesar de que o Fermanagh District Council é practicamente idéntico ó condado. Na República, a división condal están aínda observadas para o goberno local, aínda con Tipperary e Dublín subdivididas (algunhas cidades tamén teñen as súas propias rexións administrativas). Para os distritos electorais, algúns condados son mesturados ou divididos, pero constitucionalmente as divisións teñen que ser tidas en conta. Ó longo de Irlanda, os 32 condados son empregados aínda nos deportes e noutros aspectos culturais e reteñen un forte sentido de identidade local.
As terras menos cultivables de Irlanda están nos condados do oeste e o suroeste. Estas áreas son espectacularmente rochosas e montañosas, con preciosas vistas verdes.
Clima Por enriba de todo, Irlanda ten un clima temperado, pero cambiable, todo o ano. A illa non sobresae por temperaturas extremas. A temperatura do aire máis alta rexistrada é de 33,3 °C en Kilkenny Castle, Condado de Kilkenny o 26 de xuño de 1887. A temperatura máis fría foi -19,1 °C en Markree Castle, Condado de Sligo o 16 de xaneiro de 1881.Website of Met Éireann - Temperature in Ireland www.met.ie Hai precipitacións durante todo o ano, pero predominan os días despexados, particularmente no leste da illa. O oeste do país, de todas formas, tende a ser húmido e propenso á forza das tormentas Atlánticas, máis especialmente nos meses do final do Outono e os do Inverno, o que ocasionalmente provoca ventos destrutivos e moitas precipitacións nesas áreas, así como saraiba e neve. As rexións de Galway Norte e East Mayo presentan os máis altos números de tormentas con raios ó ano (de 5 a 10 días por ano.Website of Met Éireann - Rainfall in Ireland www.met.ie A caída prolongada de neve é rara, e tende a limitarse á metade norte do país.
Flora Irlanda ten menos especies animais e vexetais que as outras Illas Británicas ou a maioría de Europa porque converteuse nunha illa pouco despois do fin da derradeira Glaciación, fai aproximadamente 8,000 anos. A pesar disto, é fogar de centos de especies vexetais, algunhas delas exclusivas da illa. Atópanse hábitats moi variados na illa, incluíndo terras de labor, bosques abertos, bosques temperados,plantacións de coníferas, pantanos, e diversos ecosistemas costeiros.
Fauna Tan só 31 especies de mamíferos son nativos da illa, por que a illa foi illada trala Idade de Xeo. Algunhas especies, como o raposo, o ourizo cacho, e o porco teixo son moi comúns, mentres que outras, como a lebre de montaña ou o cervo son menos comúns e xeralmente só vistas nalgúns parques e reservas naturais da illa. Algunhas especies introducidas con posterioridade naturalizáronse con relativa comodidade, como o coello e a rata parda.
Aproximadamente 400 especies de aves teñen sido observadas na illa, a maioría son migratorias, ou paxaros árticos que veñen no inverno, ou paxaros como a andoriña que veñen de África no verán para reproducírense. Irlanda ten unha gran riqueza de aves mariñas, con grandes colonias de paxaros mariños na costa como as que hai nas Illas Saltee e Skellig Michael. Tamén ten presenza a aguia Imperial, recentemente reintroducidas tras varias décadas desaparecidas da illa.
Non hai serpes e tan só un réptil nativo de Irlanda, o lagarto común. Hai tres anfibios entre os que está a ra común. Algunhas especies de tartarugas mariñas aparecen regularmente na costa suroeste pero non van á terra.
Historia
Prehistoria Irlanda estivo cuberta por xeo e unida a Gran Bretaña e Europa durante a última glaciación. Estivo deshabitada até aproximadamente 9 000 anos. Os habitantes da Idade de Pedra chegaron algo despois do 8000 a. C., e a cultura progresou dende o mesolítico ó alto neolítico no curso de tres ou catro milenios aproximadamente. Coa Idade de Bronce, que comezou ó redor do 2500 a. C., trouxo a produción de elaboradas ferramentas e ornamentos de bronce e ouro. A Idade de Ferro en Irlanda está asociada ós celtas. Pénsase que colonizaron a illa nunha serie de vagas entre os séculos VIII e I a. C., e que coa derradeira onda de celtas, foi conquistada a illa e dividida en cinco ou máis reinos.
Idade Antiga Os romanos chamaban a Irlanda Hibernia.Os Romanos e Irlanda www.irishclans.com Claudio Tolomeo no ano 100 fai un estudo da xeografía e as tribos de Irlanda.A Xeografía de Tolomeo www.roman-britain.co.uk. A relación exacta entre Roma e as tribos de Hibernia non está hoxe clara, xa que as únicas referencias atopámolas nuns poucos escritos romanos.
Idade Media Os historiadores manteñen que no 432, San Patricio chegou á illa e, nos anos vindeiros, tratou de converter a Irlanda ó cristianismo.BBC Online - Christianity - Features - St Patrick www.bbc.co.uk/religion As tradicións druídas desapareceron ante a forza das novas crenzas. As artes da ilustración dos manuscritos, o traballo do metal e a escultura floreceron e produciron tesouros como o Libro de Kells, xoiería, e as traballadas cruces de pedra que cobren a illa. Isto foi interrompido no século IX por 200 anos de guerra contra os piratas viquingos que saqueaban mosteiros e pobos. Eventualmente conseguían establecerse en Irlanda, formando pobos como as actuais cidades de Dublín, Cork, Limerick e Waterford.
En 1172, o rei Henrique II de Inglaterra conseguiu as terras irlandesas co visto e prace do papa inglés Hadrián IV, e sobre o século XIII, a lexislación inglesa comezou a ser aplicada á illa.
Idade Moderna O dominio inglés estivo durante moito tempo limitado ó area ó redor de Dublín e Waterford, pero comezou a expandirse no século XVI co colapso final da superestrutura social e política gaélica; e no século XVII os Tudor reconquistaron Irlanda e comezou a colonización protestante das terras de Irlanda, sendo nesta época cando o dominio inglés esténdese por toda a illa. Trala rebelión irlandesa de 1641, ós católicos irlandeses negóuselles o voto e a presenza no Parlamento de Irlanda. O dominio da nova clase inglesa protestante foi coñecido como o ascendente protestante.
En 1800 o Parlamento de Irlanda aprobou o Acta de Unión que, en 1801, uniu o Reino de Irlanda e o Reino de Gran Bretaña para crear o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda. A totalidade da illa formou parte do Reino Unido, directamente dirixido polo Parlamento do Reino Unido en Londres. O século XIX veu a Gran Fame dos anos corenta, durante o cal morreron preto dun millón de irlandeses e outro millón emigraron. A emigración continuou como resultado da fame e a poboación continuou descendendo até entrado o século XX. A poboación anterior aos tempos da fame era de máis de oito millóns (recollidos no censo de 1841). A poboación non volveu a acadar dito nivel dende iso.
Idade Contemporánea O século XIX e os inicios do XX viron o auxe do nacionalismo irlandés, especialmente entre a poboación católica máis humilde. Daniel O'Connell dirixiu unha exitosa campaña non violenta para a emancipación católica. A subseguinte campaña para revogar o Acta de Unión fallou. Máis tarde Charles Stewart Parnell e outros nacionalistas fixeron unha campaña para acadar unha certa autonomía dentro da Unión, que foi pouco exitosa. Isto provocou o paso do nacionalismo moderado ó separatismo armado. En 1921, trala Rebelión de Pascua de 1916, e a subseguinte guerra anglo-irlandesa, foi asinado un tratado entre o Goberno Británico e os líderes da República Irlandesa. O tratado adoptou a solución de dous estados separados. De Irlanda do Norte pensábase que ía formar un estado autónomo dentro do novo estado libre irlandés a menos que optase polo non. A poboación protestante de Irlanda do Norte temía converterse nunha minoría dentro dun estado maioritariamente católico. Como se esperaba, optou por permanecer como parte do Reino Unido. Formouse unha comisión para establecer as fronteiras entre os dous estados irlandeses, pero foi abandonada cando recomendou unha maior flexibilidade. Os desacordos sobre o tratado atraeron un rexurdir do nacionalismo e consecuentemente á guerra civil, que rematou en 1923 coa derrota das forzas contrarias ó tratado. Independencia Vexa o artigo principal: Historia da República de Irlanda
O Tratado Anglo-Irlandés foi aprobado pola Dáil Éireann en decembro de 1921 pero foi rexeitado por unha gran minoría, o que levou á guerra civil irlandesa que durou até 1923. En 1922, no medio desta guerra civil, o Estado Libre Irlandés comezou a existir. Nos seus primeiros anos o novo estado foi gobernado polos vencedores da guerra civil. De tódolos xeitos, nos anos 30 o Fianna Fáil, o partido dos opoñentes ó tratado, foi elixido para formar goberno. O partido introduciu unha nova constitución en 1937 que renomeou o estado como "Éire ou, en inglés, Ireland" (prefacio á Constitución).
O estado permaneceu neutral durante a segunda guerra mundial, pero ofreceu algún apoio ós aliados, especialmente en Irlanda do Norte. De tódolos xeitos, estímase que arredor de 50,000 voluntarios da república loitaron nas Forzas Armadas Británicas durante a segunda guerra mundial. En 1949, o estado irlandés declarouse dende aquel momento como a República de Irlanda. A República viuse afectada pola pobreza e a emigración até mediados dos 70. Os anos 90 viron o comezo dun éxito económico sen precedentes, nun fenómeno coñecido como o "Tigre céltico". Para comezos do século XXI tíñase convertido nun dos países máis ricos (en termos de renda per cápita) na Unión Europea. En outubro de 2006, houbo conversacións entre Irlanda e os Estados Unidos para negociar unha nova política de inmigración entre os dous países, en resposta ó crecemento da economía irlandesa e o desexo de moitos cidadáns americanos que querían moverse a Irlanda en busca de traballo.
Irlanda do Norte Vexa o arigo principal: Historia de Irlanda do Norte