Spilocuscus wilsoni é unha especie de marsupial da familia dos falanxéridos. É endémica das illas de Biak e Supiori de Papúa Occidental, Indonesia. Database entry includes justification for why this species is listed as critically endangered Foi descrito cientificamente no ano 2004, sendo unha especie moi rara. A caza e a perda do seu hábitat provocaron que fose clasificada como en perigo crítico pola IUCN. As investigacións recentes non conseguiron atopar exemplares en liberdade. Ó contrario que os outros membros do xénero Spilocuscus, esta especie relativamente pequena ten uns distintivos ollos azuis.

Notas

Categoría:Marsupiais Categoría:Mamíferos de Indonesia Categoría:Animais descritos en 2004 Categoría:Fauna endémica de Indonesia