O Spilocuscus kraemeri é unha especie de marsupial da familia dos falanxéridos endémica das illas do Almirantado, de Papúa-Nova Guinea.

Descrición É o membro de menor tamaño do xénero Spilocuscus. As femias teñen as costas negras, mentres que os machos teñen pintas denegridas sobre fondo branco. Ámbolos dous sexos teñen a testa parda avermellada.

Estado de conservación Está catalogado como especie case ameazada porque aínda que non escasea ten unha área de distribución reducido (abrangue menos de 2.000 km²), e estase producindo unha continua redución tanto da extensión do seu hábitat como do número de individuos, como marca o criterio B da UICN. A continua presión da poboación humana e a súa baixa fecundidade, nun animal relativamente lonxevo, son os principais motivos de preocupación.

Notas

Categoría:Animais descritos en 1910 Categoría:Mamíferos de Papúa-Nova Guinea