Onde viven os monstros (en ) é un libro infantil de ilustracións obra do escritor e ilustrador estadounidense Maurice Sendak, orixinalmente publicado por Harper & Row en 1963. O libro foi adaptado en numerosas ocasións a diferentes medios, incluíndo unha curtametraxe animada en 1973 (que foi actualizada en 1988); unha ópera de 1980 ou filme homónimo de 2009 dirixido por Spike Jonze. No ano 2009, o libro vendera máis de 19 millóns de copias en todo o mundo, dos cales 10 millóns corresponden a exemplares vendidos nos Estados Unidos de América. Sendak gañou a Medalla Caldecott anual dos bilbiotecarios infantís en 1964, que recoñeceron Onde viven os monstros como o "máis distinguido libro de ilustracións estadounidense para nenos" do ano anterior.  

Foi traducida ó galego por Xosé Manuel González Barreiro e publicada por Kalandraka no ano 2000.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Onde viven os monstros, filme de 2009 dirixido por Spike Jonze.

Categoría:Obras literarias de 1963 Categoría:Obras literarias en inglés Categoría:Obras traducidas do inglés ao galego