Esteban Suárez Méndez, nado en Santo Estevo (Ponte Castrelo, Castrelo de Miño) en 1983, é un político galego do BNG e alcalde de Castrelo de Miño entre xuño de 2019 e agosto de 2020.

Traxectoria Nas eleccións municipais de 2019 presentouse polo BNG en substitución do anterior alcalde Xurxo Rodríguez Méndez, sendo a forza máis votada con tres concelleiros. O 15 de xuño converteuse en alcalde do concello como candidato da forza máis votada. O 11 de agosto de 2020 perdeu a alcaldía en favor de Avelino Pazos despois dunha moción de censura que contou cos votos dos 3 concelleiros de PP máis 2 concelleiros tránsfugas do PSdeG-PSOE fronte aos 3 dos concelleiros do BNG máis a única concelleira que permaneceu no PSdeG-PSOE.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Castrelo de Miño

Categoría:Alcaldes de Castrelo de Miño Categoría:Alcaldes de Galicia polo BNG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Castrelo de Miño Categoría:Nados en 1983 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Políticos do BNG