Us é un filme estadounidense de 2019 de terror psicolóxico escrito e dirixido por Jordan Peele. Está protagonizado por Lupita Nyong'o, Winston Duke, Shahadi Wright Joseph, Evan Alex, Elisabeth Moss e Tim Heidecker. O proxecto foi anunciado en febreiro de 2018, e a maioría do elenco uniuse ese mesmo verán. Peele produciu o filme xunto a Jason Blum e Sean McKittrick (que xa tiñan colaborado en Déixame saír e BlacKkKlansman), así como con Ian Cooper. A rodaxe produciuse dende xullo até outubro de 2018 en California, principalmente nos Ánxeles e Pasadena, mais tamén en Santa Cruz.
Us estreouse internacionalmente en South by Southwest o 8 de marzo de 2019, e nos cinemas dos Estados Unidos de América o 22 de marzo de 2019, a través de Universal Pictures. Tivo un grande éxito comercial, recadando uns 254 millóns de dólares en todo o mundo sobre un orzamento de 20 millóns. Foi ben acollido pola crítica, que gabou o guión e a dirección de Peele, así como a banda sonora e a interpretación de Lupita Nyong'o.
Personaxes Lupita Nyong'o como Adelaide Wilson (née Thomas)/Red Madison Curry como Adelaide de nena/Red de nena Ashley McKoy como Adelaide adolescente/Red adolescente Winston Duke como Gabriel "Gabe" Wilson/Abraham Shahadi Wright Joseph como Zora Wilson/Umbrae Evan Alex como Jason Wilson/Pluto Elisabeth Moss como Kitty Tyler/Dahlia Tim Heidecker como Josh Tyler/Tex Yahya Abdul-Mateen II como Russel Thomas/Weyland Anna Diop como Rayne Thomas/Eartha Cali Sheldon como Becca Tyler/Io Noelle Sheldon como Lindsey Tyler/Nix Duke Nicholson como Danny/Tony Kara Hayward como Nancy/Syd Nathan Harrington como Glen/Jack Dustin Ybarra como Troy/Brand Alan Frazier como Alan/Jeremiah Jordan Peele como Narrador
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2019 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Jordan Peele Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes rodados en California Categoría:Filmes ambientados en 1986 Categoría:Filmes ambientados en 2019 Categoría:Filmes producidos por Jason Blum Categoría:Filmes sobre familias Categoría:Filmes sobre clonación Categoría:Filmes sobre cultos Categoría:Filmes sobre asasinatos en masa