Wait Until Spring, Bandini é un filme de 1989, escrito e dirixido por Dominique Deruddere, baseado na novela Wait until Spring, Bandini de John Fante. O filme recibiu o Premio André Cavens ao mellor filme e gañou tres Premios Joseph Plateau.https://www.imdb.com/title/tt0098615/awards
Argumento O filme está ambientado en Colorado a finais da década de 1920, na época da Gran Depresión. Desempregado e na ruína, Svevo Bandini (Joe Mantegna) intenta saír adiante e conseguir diñeiro para a familia, se ben inverno non é bo momento para que contraten un albanel. Ao tempo, batalla coa súa sogra (Renata Vanni), a súa muller (Ornella Muti) e os seus tres fillos.
Personaxes Actor Role Joe Mantegna Svevo Bandini Ornella Muti Maria Bandini Faye Dunaway Mrs. Hildegarde Michael Bacall Arturo Bandini Daniel Wilson August Bandini Alex Vincent Federico Bandini Burt Young Rocco Saccone Tanya Lopert Sister Celia Renata Vanni Donna Toscana Jean-Louis Sbille Bank Employee
Produción Partes do filme foron rodadas en Orem e Ogden (Utah).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 1989 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Bélxica Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Italia Categoría:Filmes dirixidos por Dominique Deruddere Categoría:Filmes rodados nos Estados Unidos de América Categoría:Filmes ambientados en Colorado