miniatura|450px|Mapa diacrónico das colonias de Alemaña. O Imperio Colonial Alemán (en alemán Deutsches Kolonialreich) é o nome que recibe o conxunto constituído polas colonias de ultramar, as dependencias e os territorios do Imperio Alemán, e os intentos de colonización de curta duración por parte de estados alemáns individuais que ocorreron nos séculos anteriores.
Segundo o artigo 1 da Constitución do Reich alemán, non formaban parte do territorio do Reich, senón que eran posesións no estranxeiro.
Cómpre non confundilos cos asentamentos que cidadáns alemáns emigrados fundaron no estranxeiro, que ás veces son denominados "colonias alemás", pero que non exercían dereitos soberáns do país de orixe.
Os esforzos coloniais importantes comezaron en 1884 co Repartimento de África. Alemaña reclamou gran parte das colonias que aínda non se reclamaran na división dese continente, e logrou construír nese momento o terceiro imperio colonial máis grande, despois do Imperio Británico e o Imperio Colonial Francés.Diese deutschen Wörter kennt man noch in der Südsee, von Matthias Heine "Einst hatten die Deutschen das drittgrößte Kolonialreich [...]" E en termos de poboación, foi o cuarto imperio colonial, despois dos tres citados e o neerlandés.James Mitchell (Hrsg.): Große illustrierte Weltgeschichte. Von der französischen Revolution bis zur Gegenwart. Parkland, Stuttgart, 1990, ISBN 3-88059-379-5, p. 66.
Alemaña perdeu o control das súas colonias cando comezou a Primeira Guerra Mundial en 1914 e a maioría das súas posesións foron conquistadas polos seus inemigos nas primeiras semanas da guerra. Porén, algunhas unidades militares resistiron un pouco máis: a África do Suroeste alemá rendeuse en 1915, Camerún alemán en 1916 e a África Oriental alemá (que compendía os actuais estados de Burundi e Ruanda, e Tanganica, a parte continental de Tanzania), só en 1918, ao final da guerra.
O imperio colonial de Alemaña foi oficialmente confiscado no tratado de Versalles de 1919 despois da derrota de Alemaña na guerra, e as súas distintas posesións convertéronse en mandatos da Sociedade de Nacións baixo a supervisión (pero non a súa propiedade) das potencias vitoriosas: a Terceira República Francesa, Imperio Británico, Bélxica, Unión Surafricana, Xapón, Australia, Nova Zelandia e Portugal.
Este «modesto» imperio colonial controlaba colonias en África, Asia e Oceanía. O período de colonización alemá foi moi curto. Tanto que Kössler Reinhart, un experto en socioloxía política e en historia de África, chegou a falar dunha "amnesia colonial" na memoria colectiva alemá.
Historia A Confederación Xermánica e a Unión Aduaneira de Alemaña Nos estados da Confederación Xermánica (fundada en 1815, tras o Congreso de Viena) e da Unión Aduaneira de Alemaña ou Zollverein (fundada en 1833), xurdiu a iniciativa por parte do sector privado de fundar colonias alemás, especialmente a partir da década de 1840.Michael Fröhlich (1994): Imperialismus. Deutsche Kolonial- und Weltpolitik 1880–1914. München, dtv. ISBN 3-4230-4509-4, pp. 18 e 22. Pero non houbo tal aspiración por parte do Estado. En 1839 fundouse a Sociedade Colonial de Hamburgo por parte de invesitidores privados, que quería comprar as illas Chatham ao leste de Nova Zelandia para asentar alí aos emigrantes alemáns, pero Gran Bretaña apelou a reclamacións máis antigas sobre estas illas. A cidade de Hamburgo necesitaba a protección da Mariña Real británica para comerciar por todo o mundo e, polo tanto, renunciou ao apoio político da sociedade colonial.Walter Nuhn (2002): Kolonialpolitik und Marine. Die Rolle der Kaiserlichen Marine bei der Gründung und Sicherung des deutschen Kolonialreiches 1884–1914. Bonn: Bernard & Graefe. ISBN 978-3-7637-6241-5, p. 27. Tivo algo de éxito a Asociación para a Protección de Inmigrantes Alemáns en Texas, fundada en 1842, que quería expandir os asentamentos alemáns en Texas e establecer a colonia de "Nueva Alemania" (en alemán Neu Deutschland), pero a anexión da República de Texas polos Estados Unidos de América en 1845 fixo que esta suxestión fora anulada.
Os puntos decisivos para a falta de interese por parte do Estado alemán para a creación de colonias foi a limitación do pensamento político do momento, os problemas que tiña Alemaña en Europa e a falta dun poder naval alemán, que non podía ofrecer apoio político para a adquisición de colonias no estranxeiro.Helmut Washausen (1968): Hamburg und die Kolonialpolitik des Deutschen Reiches, p. 21. Co establecemento da frota austrohúngara e a frota prusiana a partir de 1848, creáronse tales medios de poder.
Primeiros intentos de adquisicións coloniais a nivel estatal (1857-1862)
En 1857, a fragata austríaca Novara saíu de Trieste para unha expedición, que incluía a exploración e ocupación das illas Nicobar no océano Índico. En 1858, a Novara perrecorreu as Nicobar, pero os austríacos non chegaron a facer unha toma de posesión efectiva.
miniatura|300px|O Thetis, un dos barcos da escuadra do Reino de Prusia.
O seguiente intento de adquirir unha colonia, estra vez por parte dos alemáns, ocorreu en 1859, cando Prusia quixo adquirir a illa chinesa de Formosa. Prusia asegurou a aprobación do emperador francés Napoleón III para a compañía, xa que Francia simultaneamente quería adquirir colonias no leste de Asia. Como Francia estaba interesada en Vietnam, pero non en Formosa, Prusia podería tomar posesión da illa. Unha escuadra prusiana, que abandonou Alemaña a finais de 1859 e debía concluír tratados comerciais en Asia para Prusia e todos os demais estados da Unión Aduaneira de Alemaña, tiña como obxectivo ocupar Formosa, pero debido ás débiles forzas da escuadra, e para non poñer en perigo un acordo comercial co Imperio chinés, non se executó a orde. Coa orde do gabinete do 6 de xaneiro de 1862, acompañando á escuadra, o embaixador Friedrich zu Eulenburg foi «eximido do cumpeimento das ordes que se lle deran para a determinación dun asentamento prusiano no territorio de ultramar». Porén, un barco da escuadra prusiana, o Thetis, encontrábase nas costas da Patagonia en Suramérica, e co liderado naval prusiano pensábase crear unha base naval na costa suramericana. A Thetis xa chegara a Buenos Aires pero, tras o esgotamento da tripulación despois de anos de viaxe ao estranxeiro, e a necesidade dunha revisión da nave mesma, o seu comandante ordenou o regreso a casa.Lawrence Sondhaus (1997): Preparing for Weltpolitik. German Sea Power Before the Tirpitz Era. Annapolis: Naval Institute Press. ISBN 978-1-5575-0745-7, p. 68.
O rexeitamento de Bismarck á adquisición de colonias (1862-1879) miniatura|300px|Factoría da empresa Woermann no Camerún. Desde a década de 1830, os armadores alemáns estiveron negociando en África e estableceron fábricas alí e, desde a década de 1850, o comercio e a xestión de plantacións nos mares do Sur foron operados por compañías alemás. Algunhas destas empresas económicas no estranxeiro finalmente acabaron converténdose en puntos de partida para a súa adquisición como colonias alemás.Percy Ernst Schramm (1950): Deutschland und Übersee. Der deutsche Handel mit den anderen Kontinenten, insbesondere Afrika, von Karl V. bis zu Bismarck. Ein Beitrag zur Geschichte der Rivalität im Wirtschaftsleben. Braunschweig: Georg Westermann Verlag.
Despois da guerra xermano-danesa de 1864, os círculos coloniais de Prusia buscaron tomar posesión das illas Nicobar danesas.Franz Theodor Maurer (1867): Die Nikobaren: Colonial-Geschichte und Beschreibung nebst motivirtem Vorschlage zur Colonisation dieser Inseln durch Preussen. Berlin: Carl Heymanns Verlag.
Pola súa parte, Dinamarca ofreceu en van en 1865 as Antillas danesas para evitar a perda completa de Schleswig. En 1866 e, novamente en 1876, o sultán das illas Sulu, que se encontra entre Borneo e as Filipinas, fixo unha oferta para poñer ás súas illas baixo a protección de Prusia, ou do Imperio alemán, pero isto foi rexeitado en ambas as ocasións.Percy Ernst Schramm (1950): Deutschland und Übersee. Der deutsche Handel mit den anderen Kontinenten, insbesondere Afrika, von Karl V. bis zu Bismarck. Ein Beitrag zur Geschichte der Rivalität im Wirtschaftsleben. Braunschweig: Georg Westermann Verlag, p. 92.
O sultán de Witu, territorio da África Oriental de aproximadamente 3000 km², pediulle en 1867 ao viaxeiro Richard Brenner que exercera un protectorado prusiano sobre o seu país, o que nin sequera foi considerado en Berlín.Hans-Ulrich Wehler: (1976): Bismarck und der Imperialismus. 4. Auflage, dtv, München. ISBN 3-4230-4187-0, p. 367.
Na constitución da Confederación de Alemaña do Norte, que entrou en vigor en 1867, o artigo 4, punto 1, incluía a "colonización" como un dos asuntos baixo a "supervisión da Confederación", e este artigo 4, punto 1, non se modificou na constitución do II Reich alemán de 1871.
A petición de Otto von Bismarck, o buque de guerra Augusta navegou ao Caribe durante 1867-1868 para enarborar a bandeira da Confederación de Alemaña do Norte. A instancias persoais do comandante en xefe da Confederación, Adalberto de Prusia, e sen o consentimento de Bismarck, o comandante do Augusta, Franz Kinderling, negociou unha base naval en Puerto Limón co presidente de Costa Rica.
Bismarck rexeitou a oferta, por respecto á doutrina Monroe dos Estados Unidos. Así mesmo, o seu desexo de non desafiar aos Estados Unidos, fíxolle rexeitar unha oferta dos Países Baixos para establecer unha base naval na illa holandesa de Curaçao fronte á costa venezolana.Lawrence Sondhaus (1997): Preparing for Weltpolitik. German Sea Power Before the Tirpitz Era. Annapolis: Naval Institute Press. ISBN 978-1-5575-0745-7, p. 98.
A política da Confederación de Alemaña do Norte non era nese momento a adquisición de colonias, senón de bases navais individuais. Desde elas, a política de canoneiros e o espírito dun imperialismo informal debería protexer o comercio mundial do Estado. En 1867 decidiuse instalar cinco estacións estranxeiras. Así, en 1868, compráronse terras para un hospital naval alemán no porto xaponés de Yokohama, que existiu até 1911. Tsingtau (actual Qingdao) foi adquirido polo Imperio en 1897 e chegou a estar dispoñíbel como porto naval en China, en tanto que Yokohama seguiu sendo unha base para a frota alemá no leste de Asia. En 1869, a Ostasiatische Station (Estación da Asia Oriental) converteuse na primeira estación no estranxeiro establecida pola Mariña como unha área marítima ocupada constantemente por buques de guerra alemáns, que máis tarde demostraron seren útiles para adquirir as colonias no Pacífico e de Kiau Chau.Cord Eberspächer (2004): Die deutsche Yangtse-Patrouille. Deutsche Kanonenbootpolitik in China im Zeitalter des Imperialismus 1900–1914. Bochum: Verlag Dr. Dieter Winkler. ISBN 978-3-8991-1006-7, p. 24.
En 1870 Bismarck deulle a enviado da Confederación de Alemaña do Norte en Pequín a tarefa de negociar co goberno chinés unha base para a frota da Confederación. Pero co estalido da guerra franco-prusiana, os buques de guerra alemáns na estación da Asia Oriental, Hertha e Medusa, tiveron que retirarse a Xapón fronte a supremacía francesa en augas chinesas, polo que o enviado, Guido von Rehfues, nin sequera negociou esta posición. Despois da guerra, Bismarck declinou o intento de adquirir unha base na China.Cord Eberspächer (2004): Die deutsche Yangtse-Patrouille. Deutsche Kanonenbootpolitik in China im Zeitalter des Imperialismus 1900–1914. Bochum: Verlag Dr. Dieter Winkler. ISBN 978-3-8991-1006-7, p. 62.