Gerard Coll Planas, nado en Cardedeu, Barcelona, en 1980, é un sociólogo, investigador, escritor e profesor español, especializado en xénero, socioloxía da sexualidade e estudos LGBTI.
Traxectoria
Coll Planas é doutor en socioloxía pola Universidade Autónoma de Barcelona, profesor da Universidade de Vic e director do Centro de Estudos Interdisciplinarios de Xénero.Coll Planas, Gerard. Universitat de Vic - Universitat Central de Catalunya.Gerard Coll-Planas, nou director del Centre d’Estudis Interdisciplinaris de Gènere: “Hauríem de repensar la política en termes de gènere”. Centre d’Estudis Interdisciplinaris de Gènere. 17 de noviembre de 2014.
Foi coordinador de diversos proxectos, como o titulado Contra a homofobia, ferramentas para as administracións locais dependente da Comisión Europea que levou á publicación do libro branco europeo contra a homofobia.Contra la homofobia. Políticas locales de igualdad por razón de orientación sexual y de identidad de género. Políticas locales de igualdad por razón de orientación sexual y de identidad de género. Libro Blanco Europeo 2011.
Obra
O traballo de Coll Planas explora diversas facetas da realidade LGBTI, desde o acoso escolar e a violencia estrutural sufrida polos seus membros, até aspectos relativos á construción social da identidade de xénero e sexual, así como a capacidade de axencia das persoas non-heterosexuais para definir a súa propia identidade.Gerard Coll-Planas: “En la cultura gay en muchos casos se están reproduciendo claramente valores patriarcales”. idemTV. 4 de octubre de 2013.Entrevista a Gerard Coll-Planas. Instituto Vasco de la Mujer.Víctimas, cómplices y verdugos del 'bullying'. El Periódico. 12 de enero de 2017.
Desta maneira, apoiándose tanto na teoría cuir como en casos reais, reflexiona sobre que é o que define a transexualidade ou que diferenza existe entre un cambio de sexo e unha simple intervención de cirurxía estética. Tamén delibera sobre si existe un continuo entre a orientación sexual e a identidade de xénero, si é posible delimitar a fronteira entre, por exemplo, os gais efeminados e as mulleres trans, e cal é o papel que xogan a sociedade, a política, a economía ou a vontade individual nestas cuestións.
Por outra banda, a súa obra explora igualmente a relación que teñen co seu corpo as mulleres que foron diagnosticadas con cancro de mama.
Libros
Dibujando el género (2013). La carne y la metáfora (2012). La voluntad y el deseo (2010). El género desordenado (2010).
Notas
Categoría:Nados en 1980 Categoría:Feministas de Cataluña Categoría:Alumnos da Universidade Autónoma de Barcelona Categoría:Activistas LGBT de Cataluña Categoría:Profesores da Universidade de Vic