Connacht (en inglés) ou Connachta (en irlandés), "(terra dos) descendentes de Conn", é a provincia occidental de Irlanda, que comprende os condados de Galway, Leitrim, Mayo, Roscommon e Sligo. En irlandés á provincia chámaselle a miúdo Cúige Chonnacht. Os seus centros urbanos principais son Galway no sur, e Sligo no norte. Ten unha poboación de 503.083 habitantes, a máis pequena das catro provincias irlandesas.
O irlandés fálase nas áreas Gaeltacht do oeste de Mhaigh Eo e o oeste de Gaillimhe, sendo a máis grande Connemara.
O pico máis alto é o Mweelrea (814 metros), en Mhaigh Eo. A súa illa máis grande é Achill, a máis grande de Irlanda. O lago máis grande é Lough Corrib.
A República de Connaught tivo unha breve existencia en 1798 co apoio militar de Francia.
A cidade máis grande de Connacht é Galway, cunha poboación de 71.983 habitantes (2006).
Véxase tamén
Outros artigos Duque de Connaught e Strathearn. Reinos da antiga Irlanda. Reis de Connacht. Connacht Rugby. Provincias de Irlanda. Medb (Medhbh, Maeve), Raíña de Connacht.
Categoría:Provincias de Irlanda