Hinemoana Baker, nada en Christchurch en 1968, é unha escritora, música e artista neozelandesa en lingua inglesa e lingua maorí.

Traxectoria Criouse en Whakatāne e Nelson. Descende da tribo Ngāi Tahu da Illa Sur, e de Ngāti Raukawa, Ngāti Toa e Te Āti Awa na Illa Norte. Ten un mestrado en literatura creativa polo Instituto de Linguas Modernas da Universidade de Victoria. Vive en Alemaña, logo de completar un curso dun ano como residente en Berlín. Foi residente tamén en Arts Queensland en 2009, na Universidade de Iowa en 2010, e no International Institute of Modern Letters da Universidade de Victoria en Wellington en 2014.

Participou en festivais e eventos en Nova Zelandia, Australia, Indonesia, os Estados Unidos de América e Europa, entre eles o Poetas Di(n)versos.

A súa obra foi publicada en diversas publicacións e antoloxías.

Obra

Poesía

mātuhi | needle (2004) kōiwi kōiwi | bone bone (2010) waha | mouth' (2014)

Discografíapuāwai (2004). Finalista dos New Zealand Music Awards e APRA Silver Scrolls en lingua maorí.

EditoraKaupapa: New Zealand Poets, World Issues (2007)4th Floor, xornal dixital da Whitireia New Zealand (2008)

Presenza en antoloxíasTransit of Venus'' (Victoria University Press, 2016)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Baker's website Hinemoana Baker at the Berlin International Literature Festival 2016 https://www.radionz.co.nz/news/te-manu-korihi/277509/author-nation-needs-more-maori-writers http://www.stuff.co.nz/nelson-mail/lifestyle-entertainment/weekend/10080478/Hard-times-and-healing https://www.radionz.co.nz/news/national/257575/te-ara-encyclopedia-of-nz-completed

Categoría:Nados en 1968 Categoría:Nados en Christchurch Categoría:Escritores de Nova Zelandia Categoría:Escritores en lingua maorí Categoría:Escritores en lingua inglesa