Sakura, coñecido tamén como CS 1 (acrónimo de Communications Satellite) foi un satélite artificial da axencia espacial xaponesa NASDA lanzado o 15 de decembro de 1977 mediante un foguete Delta 2914 desde Cabo Cañaveral.

Características Sakura era un satélite de comunicacións experimental cunha masa de 664,17 kg. Tiña forma de cilindro de 2,18 m de altura, cunha antena que sobresaía outros 1,31 m. Estabilizábase mediante xiro, a 90 r.p.m. e co eixo de xiro perpendicular á súa órbita, e a súa superficie estaba cuberta de células solares para proporcionarlle enerxía. A antena mantíñase fixa, sen rotación, e cunha precisión no apuntado mellor de 0,3 graos. Emitía en banda K e banda C e o disco da antena estaba orientado cunha inclinación de 45 graos respecto do eixo de rotación. Os experimentos a bordo usaron frecuencias de 2,1, 2,3, 4, 6, 20 e 30 GHz para telefonía e televisión e foron usados para estudar as características do equipamento, a transmisión de sinais, a operación dos sistemas de comunicacións e o control e operación do satélite.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Sakura 2A Sakura 2B Sakura 3A Sakura 3B

Categoría:Satélites artificiais