Dende o punto de vista etimolóxico, milicia pode referirse a facer a guerra e disciplinar aos soldados para este efecto. Do mesmo xeito, tamén caracteriza o servizo ou profesión militar ou un conxunto de tropa ou xente de guerra.

Con todo, o termo milicia utilizouse tamén, nun sentido máis restrinxido, para referirse a unha forza militar composta soamente de cidadáns, os cales se dedican á defensa do seu pobo ou nación, a aplicación da lei de emerxencia, ou de paramilitares de servizos, en momentos de emerxencia, e que non reciben ningún salario regular nin se comprometeron a un prazo fixo de servizo. Trátase dunha polisemia con múltiples significados distintos pero relacionados.

En xeral, unha milicia é o grupo formado pola unión de varios cidadáns que se organizan para proporcionar defensa ou servizos paramilitares a unha causa, sen recibir paga de forma regular ou estar adscritos á mesma por un período prefixado (a diferenza dun soldado regular), e de forma voluntaria (a diferenza dos membros dunha leva ou substitución obrigatoria). O membro dun destes grupos é, por extensión, un miliciano ou unha miliciana.

A milicia pode comportarse ocasionalmente como exército regular ou como guerrilla, segundo a relación de forzas que teña con cada opoñente en concreto.

Etimoloxía miniatura|Guerrilla mexicana. O termo milicia provén de raíces latinas e fai referencia á actividade militar. Segundo os países e a época, o termo ten diferentes usos ou connotacións, pero o habitual é aplicar o termo miliciano a combatentes non integrados nun exército regular.

miles /miːles/: soldado -itia /iːtia/: un estado, actividade, calidade ou condición de ser militia /mil:iːtia/: servizo militar

Significados A palabra pode ter varios significados dependendo do seu contexto. Os significados legais e históricos de milicia inclúen:

Actividade ou servizo de defensa dunha comunidade, o seu territorio, habitantes, propiedades e leis. O conxunto da poboación dispoñible para ser chamada ás armas nunha comunidade, pobo, rexión ou estado. Un subconxunto destes que poden ser legalmente penalizado por non responder a unha chamada de seguimento. Un subconxunto destes que en realidade responde a unha chamada de seguimento, independentemente da obrigación legal. Un exército de reserva oficial, composto por cidadáns soldados; pode recibir distintos nomes segundo as leis ou costumes do país, como forza de reserva militar ou Garda Nacional. As forzas nacionais de policía dun país, sobre todo nos antigos estados socialistas como a URSS ou os ex-membros do Pacto de Varsovia, militsia.

En calquera destes casos, unha milicia é distinta dun exército regular. Pode servir para suplementar as forzas armadas, ou pode oporse a elas, por exemplo, como resistencia a un golpe de estado militar. Este era o caso dos milicianos galegos e españois, voluntarios que non estaban integrados no exército regular republicano que combateu na guerra civil española.

Notas

Véxase tamén Outros artigos II República española Guerra Civil española

Categoría:Organizacións armadas