A comarca da Ulloa é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Monterroso. A esta comarca pertencen os concellos de Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei. No ano 2020 tiña 8.879 habitantes, 4.430 homes e 4.449 mulleres. O seu nome procede do río Ulla, que nace na comarca.

Demografía

Padrón municipal 2020 8.879 habitantes Menores de 15 anos 701 (7,90 %) Entre 16 e 64 anos 4.973 (56,01 %) Maiores de 65 anos 3.205 (36,10 %)

Galería de imaxes Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da comarca da Ulloa

Notas

Véxase tamén Outros artigos Queixo de Arzúa-Ulloa Feira de Santos de Monterroso Instituto de Estudos Ulloáns

Categoría:Comarca da Ulloa