miniatura|Exemplar dunha moeda de pedra ou pedra rai exposto no Museo do Diñeiro de Frankfurt. A moeda de pedra, coñecida tamén coa denominación de rai (do yapés: raay)"Raay1 e 2". En Jensen, J. Yapese-English Dictionary. The University Press of Hawaii. Honolulu. 1977. ISBN 0-8248-0517-8 ou pedra rai, consiste nun disco circular de pedra calcaria, con diámetro de entre uns centímetros e catro metros, que se utilizou como moeda na illa de Yap, na Micronesia, entre os séculos XV e XX d. de C. A palabra rai é homónima coa que significa "balea" en lingua yap, por mor do costume de esculpir as primeiras pedras coa forma deste cetáceo."Dinero de piedra". En MunDandy.comGillilland, C. L. C. (1975). Páxina 75.Patterson, C. B. et al. (1986). Páxina 498.Bryan, M. F. (2004).

O peculiar sistema monetario de Yap baseábase nunha historia oral da propiedade. Debido a que estas pedras son demasiado grandes para as mover, a merca dun artigo cunha destas moedas implicaba simplemente acordar oralmente o cambio da titularidade da súa propiedade, sen se requirir o movemento físico da pedra.Metuker ra Bisech. "Yapese quarried stone money site". En Airai State Government.

Historia esquerda|miniatura|320x320px|Representación do traslado dunha pedra rai na inauguración dos Estados Federados de Micronesia Os habitantes de Yap extraeron as rochas de calcaria fundamentalmente das illas Palau e tamén nalgunha medida da de Guam, e leváronas a Yap en canoas e balsas para as usar alí como diñeiro. A lenda local di que os yapeses descubriron as rochas calcarias en Palau hai uns cincocentos ou seiscentos anos, cando unha expedición liderada por un home chamado Anagumang arribou á illa. Este tipo de rocha non existía en Yap, polo que resultaba moi prezada polos seus habitantes.Parsonson, G. S. (1962): The natives of Yap in Micronesia went 300 miles to the Palau Islands for "stone money", great calcite disks, six to twelve feet in diameter.

Primeiro, Anagumang tería ordenado aos sus homes a corta das pedras con forma de balea, aínda que se terminou por elixir unha forma circular, probablemente pola súa maior facilidade de transporte, para o que se colocaba un pau atravesado no furado central da pedra, a modo de eixe. Porén, as pedras de maior tamaño deberon requirir o esforzo de decenas de homes para o seu transporte. Os habitantes de Palau esixiron a cambio aos yapeses o pagamento de doas, cocos e copra, polo privilexio de explotaren as canteiras de calcaria.Pine, A. (1984).

En 1871, David O'Keefe naufragou preto de Yap e recibiu axuda dos nativos. Xa recuperado, axudou os insulares a adquiriren máis pedras rai, proporcionándolles utensilios de ferro, polo que recibiu como pagamento copra e carallotes, mercadorías moi valiosas nas exportacións do Extremo Oriente.Powers, D. M. (2010). Páxina 136. Coa chegada das ferramentas, incrementouse de gran xeito o número das pedras extraídas, o que provocou un certo tipo de inflación e a conseguinte depreciación das pedras obtidas desta maneira, en comparación coas máis antigas. O libro titulado His Majesty O'Keefe, de Laurence Kingman, céntrase na vida deste mariño en Yap, do mesmo xeito que a longametraxe homónima de 1954 (estreada en España co título de Su majestad de los mares del sur), dirixida por Byron Haskin e protagonizada por Burt Lancaster.Klingman, Lawrence; Green, Gerald (1950). His Majesty O'Keefe. Charles Scribner's Sons. Nova York."His Majesty O'keefe". En IMDb.

O comercio con pedras rai detívose a comezos do século XX, por mor das disputas comerciais entre os intereses dos españois e dos alemáns neses territorios, e as canteiras ficaron abandonadas. Cando o exército imperial xaponés chegou a Yap durante a segunda guerra mundial, usou unha gran cantidade de pedras rai para a construción de edificacións e de vías de comunicación, e mesmo para facer de áncoras.Murphy, Geri (2011). miniatura|Placa de matrícula do Estado de Yap con lema e imaxe alusivos á moeda de pedra como símbolo nacional O economista Milton Friedman comparou o papel monetario destas pedras coas reservas de ouro que os Estados Unidos manteñen en Fort Knox.Friedman, M. (1991). "The Island of Stone Money". Working Papers in Economics. E-91-3.

Aínda que a moeda de estilo occidental substituíu as pedras rai como moeda corrente, estas aínda manteñen valor entre os habitantes da illa, á parte de térense constituído nun símbolo nacional.

Dimensións e valor miniatura|Moeda de pedra da illa Yap no Museo do Banco do Canadá en Ottawa As pedras rai son discos circulares de calcaria cun grande furado no medio. O seu tamaño é moi variable; as máis grandes son de máis de tres metros de diámetro e de medio metro de grosor, cun peso de ata catro toneladas. Nos xardíns do Museo do Banco do Canadá en Ottawa, Ontario, amósase unha pedra rai de 2,13 metros de diámetro.Iddon, G. "The yap stone returns". Museo do Banco de Canadá.

O valor extrínseco dunha pedra rai non só se baseaba no seu tamaño e na perfección da súa artesanía, senón tamén na propia historia da pedra. Se morrera moita xente durante o seu transporte, por exemplo, ou se fora algún navegante de sona o que a transportara, o seu valor incrementábase. E este valor cambiaba tamén en función da posición social do seu posuidor, de maneira que valía máis a rai dun nobre que a dun plebeo.

As pedras utilizábanse fundamentalmente en transaccións sociais vinculadas co matrimonio, herdanzas, pactos políticos; tamén como símbolo de alianza ou mesmo como simple pagamento a cambio de alimentos. Moitas delas atopáronse fronte a templos ou nos camiños máis importantes. Aínda que a propiedade dunha pedra podía cambiar, non era habitual que a pedra se movese do seu sitio, xa que os habitantes da zona coñecían o nome e as vicisitudes de todos os propietarios que esta tivera, mesmo no caso daquelas que durante o seu traslado terminaran no fondo do mar como resultado do naufraxio da balsa que a transportaba desde o seu lugar de orixe ata Yap. Era, xa que logo, suficiente unha simple declaración oral para que a súa propiedade ficase transferida. Estes cambios de titularidade quedaban rexistrados pola tradición oral, o que esixía que a transferencia fose amplamente publicitada.Goldstein, J. "The Island Of Stone Money". En Planet Money. 10 de decembro de 2010.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Bryan, M. F. (2004). "Island Money". Federal Reserve Bank of Cleveland. 1 de febreiro. ISSN 0428-1276 Gillilland, C. L. C. (1975). "The Stone Money of Yap. A Numismatic Survey". En Smithsonian Studies in History and Technology 23. Smithsonian Institution Press. Washington. Murphy, Geri (2011). "Yap's Amazing Stone Money ". En Sport Diver. 10 de novembro. Parsonson, G. S. (1962). "The Settlement of Oceania: An Examination of the Accidental Voyage Theory ". En Journal of the Polynesian Society. Auckland University. Patterson, C. B. et al. (1986). "At the Birth of Nations: In the Far Pacific". En National Geographic Magazine. Outubro. Pine, A. (1984). "Fixed Assets, or Why a Loan in Yap is Hard to Roll Over". En The Wall Street Journal. Reproducido en Mankiw, N. G. (2004) Essentials of Economics. 3ª ed. Cengage South-Western. ISBN 9780324269420. Páxinas 454-455. Poole, R. M. (2018). "The tiny island with human-sized money". En BBC Travel. 3 de maio. Powers, D. M. (2010). Tales of the Seven Seas: The Escapades of Captain Dynamite Johnny O'Brien. Taylor Trade Publishing. ISBN 9781589794474 Vicente Echagüe, J. R. (2022). "El dinero de piedra o fei de la isla Yap del Pacífico ". En Numismático Digital. 14 de outubro.

Outros artigos

Formas das moedas

Ligazóns externas

"Yapese Quary Sites". "The Road to Riches: Stone Money". BBC.

Categoría:Moedas de Oceanía Categoría:Moedas fóra de curso Categoría:Sistemas de pagamento Categoría:Moedas alternativas Categoría:Micronesia Categoría:Yap