miniatura|Fragmento de papiro atopado en Oxirrinco, que contén un fragmento de Edipo rei. Edipo rei (en grego Oι̉δίπoυς τύραννoς, Oidípus Týrannos; en latín Oedipus Rex) é unha traxedia grega de Sófocles, cuxa data de creación é descoñecida. Algúns indicios din que puido ser escrita nos anos posteriores a -430Na peste que asola a cidade de Tebas ao comezo da obra quíxose ver un reflexo da peste que sufriu a propia Atenas no ano -430. Así o recolle J. Pallí Bonet na súa introdución ás Tragedias completas de Sófocles (Pallí Bonet 1988: 9). e que foi representada por vez primeira sobre o ano -429Malia que Sófocles gañou o segundo premio cun grupo de obras que incluíron Edipo rey, a súa data de produción é insegura. O papel destacado da peste tebana ao comezo da obra suxire a moitos estudosos unha referencia á peste que devastou Atenas en -430, e de aí que daten a produción pouco despois. Véxase, por exemplo, .
Orixinalmente, para os gregos da Antigüidade, o título era simplemente Edipo (Οἰδίπους), e así se refire a ela Aristóteles na súa Poética. Crese que foi rebautizada como Edipo rei para distinguila doutra obra de Sófocles, Edipo en Colono. Na antigüidade, o termo «tirano» referíase a un gobernante sen pretensión lexítima ao trono, pero non tiña necesariamente unha connotación negativaBridgewater, William, ed. "tyrant". The Columbia Encyclopedia. Columbia University Press. (1963) p. 2188Lloyd-Jones, Hugh. Introdución e trad. Sophocles: Ajax, Electra, Oedipus Tyrannus. Por Sófocles. Loeb Classical Library ser. vol. 20. Harvard University Press. .Mulroy, David. trad. “Introduction”. Sófocles, Oedipus Rex. Univ of Wisconsin Press, (2011) . p. xxviii.
Das tres obras tebanas de Sófocles que se conservaron, e que tratan a historia de Edipo, Edipo rei foi a segunda en escribirse. Con todo, en termos de cronoloxía interna dos acontecementos descritos nas obras, sería a primeira, seguida por Edipo en Colono e logo Antígona.
Antes do comezo de Edipo rei, Edipo converteuse en rei de Tebas ao mesmo tempo que, sen querer, cumpría unha profecía de que mataría ao seu pai, Laio (o rei precedente), e casaría coa súa nai, Iocasta (a quen Edipo tomou por raíña despois de resolver o enigma da Esfinxe). A obra preséntanos a Edipo no seu momento de maior esplendor, como rei de Tebas e esposo de Iocasta para salvar a cidade da peste que a arrasa, comeza a investigar a morte do rei anterior: Laio. Aos poucos descóbrese a verdade: Edipo é o asasino que busca. Laio era o seu pai. E a súa esposa: Iocasta, é ao mesmo tempo, a súa nai. Iocasta suicídase colgándose e Edipo, arrepiado polo parricidio e o incesto, céegase a si mesmo desesperado; pide ao seu cuñado Creonte que o deixe partir ao desterro e quede coas súas dúas fillas, Antígona e Ismene, xa que os seus dous fillos son homes e saberán como actuar.
Aínda que a tetraloxía da que formaba parte (da que se perderon as demais obras) só logrou o segundo posto no agón dramático, moitos consideran Edipo rei a obra mestra de Sófocles mesmo da traxedia grega. Entre eles, Aristóteles, que a analiza na Poética, mencionándoa varias veces para exemplificar aspectos do xéneroAristotle: Poetics. Edited and translated by St. Halliwell, (Loeb Classical Library), Harvard 1995. Contexto left|miniatura|Pintura de Jean Auguste Dominique Ingres representando a Edipo despois de resolver o enigma da Esfinxe. Museo de Arte Walters. Moitas partes ou elementos do mito de Edipo ocorren antes da primeira escena da obra, aínda que se menciona algún deles no texto. Edipo é o fillo de Laio e Iocasta, o rei e a raíña de Tebas. As desgrazas da súa estirpe son o resultado dunha maldición que lle botaron ao seu pai por violar as sacras leis da hospitalidade. Na súa mocidade, Laio foi o invitado de Pélope, o rei de Elis, e converteuse en titor de Crisipo, o fillo máis novo do rei. Nunha carreira de carros Laio seduciu ou raptou e violou a Crisipo, quen segundo algunhas versións, se suicidou por vergoña. Esta morte lanzou unha sombra sobre Laio e todos os seus descendentes (aínda que moitos estudosos consideran que as transgresións de Laio contra Crisipo foron un engadido posterior ao mito).
Cando nace o seu fillo, o rei consulta un oráculo para saber o seu destino. Para horror seu, o oráculo revela que Laio «está condenado a perecer a mans do seu propio fillo». Laio ata xuntos os pés do bebé cun broche, e ordena a Iocasta que o mate. Incapaz de matar ao seu propio fillo, Iocasta ordena a un criado que mate o neno por ela. O criado entón expón ao bebé no alto dunha montaña, onde o atopa e rescata un pastor (nalgunhas versións, o criado entrega o neno ao pastor). O pastor chama ao neno Edipo, «pés inchados», pois os seus pés foran atados fortemente por Laio. O pastor leva ao neno a Corinto, e entrégallo ao rei Pólibo, que carece de fillos, quen o cría coma se fose fillo propio.
Conforme crece e madura, Edipo escoita un rumor de que non é verdadeiramente o fillo de Pólibo e a súa esposa, Mérope. Pídelle ao oráculo de Delfos quen son os seus verdadeiros pais. O Oráculo parece ignorar esta pregunta, e en lugar diso dille que está destinado a «aparearse coa [súa] propia nai, e derramar / con [as súas] propias mans o sangue do [seu] propio pai». Desesperado por evitar este terríbel destino, Edipo, quen aínda cre que Pólibo e Mérope son os seus verdadeiros pais, deixa Corinto pola cidade de Tebas.
No camiño a Tebas, Edipo atópase con Laio e o seu séquito, e os dous disputan sobre que carro ten dereito de paso. O rei tebano móvese para golpear ao insolente mozo co seu cetro, pero Edipo, sen ser consciente de que Laio é o seu verdadeiro pai, guinda ao vello do seu carro, matándoo. Así, Laio é morto polo seu propio fillo, e cúmprese a profecía que o rei tentara eludir expondo a Edipo ao nacer.
Antes de chegar a Tebas, Edipo atópase coa Esfinxe, unha besta lendaria coa cabeza e o peito dunha muller, o corpo dunha leoa, e as ás dunha aguia. A Esfinxe foi enviada á estrada que se achega a Tebas como castigo dos deuses, e esganará a calquera viaxeiro que non poida resolver certa adiviña. A adiviña precisa que a Esfinxe pregunta varía nas tradicións temperás, e non se fala dela en Edipo rei, pois é un acontecemento que ocorre antes da obra; pero a versión máis coñecida é «que criatura é a que camiña de poutelas pola mañá, dúas pernas ao mediodía e tres pola tarde?». Edipo correctamente adiviña que é «o home», quen se arrastra de poutelas de bebé, camiña erguido na madurez e apóiase nun bastón na ancianidade. Vencida polo príncipe, a Esfinxe bótase desde un cantil, pondo así fin á maldiciónAhl, Frederick. Two Faces of Oedipus: Sophocles' Oedipus Tyrannus and Seneca's Oedipus. Cornell University Press, 2008, página 1. .. A recompensa de Edipo por liberar a Tebas da Esfinxe é a súa amizade, e a man da raíña viúva, Iocasta; ninguén se decata entón de que Iocasta é a verdadeira nai de Edipo. Así, sen sabelo ningún dos personaxes, a profecía cumpriuse.
Argumento miniatura|O actor Mounet-Sully como Edipo|alt= Peste en Tebas Edipo, rei de Tebas, diríxese a un xentío encabezado por un sacerdote, que se congregou ante o rei para pedir un remedio á peste que arrasa a cidade de Tebas. Para coñecer as causas desta desgraza, o propio Edipo mandou ao seu cuñado Creonte a consultar o oráculo de Delfos. Creonte regresa para contar que a peste é o resultado dunha contaminación relixiosa, posto que o asasino do anterior rei, Laio, non foi atrapado: o seu sangue derramado ameaza con dar morte a todos os habitantes da cidade ata que o asasino sexa executado ou exiliado.
Edipo xura atopar ao asasino e maldío por causar a peste. Pronuncia un bando solemne no que pide a todo o pobo tebano que colabore no esclarecemento do crime. Tanto o asasino como o cómplice poderán, se se entregan, conservar a vida, aínda que terán que partir ao exilio; calquera testemuña que vexa o sucedido debe dicilo sen temor e Edipo recompensarao. Pero se o culpábel non se entrega, a todo o que sexa responsábel diso prohibiráselle participar na vida da cidade, polo que Edipo pide aos deuses que el e os seus morran da peor maneira posíbel. Predicións de Tiresias Por consello de Creonte, Edipo chama ao adiviño cego Tiresias para que axude a esclarecer o sucedido. Cando chega Tiresias, o rei e o coro recíbeno con respecto, pero pronto queda claro que o vidente non quere colaborar; di que coñece as respostas, pero négase a falar e en lugar diso dille que deixe a súa procura. O diálogo entre Edipo e o adiviño dexenera por iso nun enfrontamento (agón), no que ambos se insultan. Edipo enfádase polo rexeitamento a falar de Tiresias, e verbalmente acúsao de complicidade no asasinato de Laio. Irritado, Tiresias declara que Edipo é o asasino que está a buscar («Ti es o asasino do home sobre o que están a investigar»), e mesmo lle anuncia (en linguaxe voluntariamente críptica) que vive en incesto coa súa nai e ten fillos con ela; que aínda que se crea estranxeiro é tebano de nacemento e que deica pouco quedará, como el, cego. Edipo non se explica como vai ser certo o que di Tiresias, así que chega á conclusión de que o profeta e Creonte puxéronse de acordo para acusalo do crime e desprazalo así do trono. Os dous discuten con vehemencia, pois Edipo búrlase da falta de vista de Tiresias, e Tiresias á súa vez dille a Edipo que el mesmo é cego. Ao final, Tiresias marcha, murmurando escuramente que cando se descubra ao asasino será un cidadán nativo de Tebas, irmán e pai dos seus propios fillos, e fillo e esposo da súa propia nai. Acusacións contra Creonte Entre os anciáns tebanos xorde a dúbida polas confusas palabras de Tiresias. Creonte aparece indignado ante as acusacións que fixo Edipo de conspiración para usurpar o trono. El sinala que resulta inexplicábel que Tiresias, que estaba na cidade no momento do asasinato de Laio, non declarase entón o que sabía, e espere até agora para o acusar daquel crime. Creonte replica que, como cuñado e amigo de Edipo, xa ten suficiente poder en Tebas e que nunca desexaría as preocupacións e problemas que debe afrontar un rei. Ademais, sinala a Edipo que non se debe acusar sen probas e que se non cre que o que dixo o oráculo de Delfos sexa certo, pode ir el mesmo comprobalo. Tamén lle di que se Edipo ten probas de que el se confabulou co adiviño Tiresias, el mesmo condenarase á morte. O rei esixe que Creonte sexa executado; con todo, o coro convénceo de que deixe vivir a Creonte. Revelacións de Iocasta Iocasta, esposa primeiro de Laio e logo de Edipo, exerce de mediadora na disputa. Tenta reconfortar a Edipo. Tras coñecer os motivos, di a Edipo que non debe facer caso ningún das adiviñacións proféticas e pon como exemplo un oráculo de Apolo que non se cumpriu. A profecía afirmaba que Laio morrería asasinado polo seu propio fillo. Con todo, Laio morreu doutra forma, asasinado por uns bandidos nun cruzamento de tres camiños de camiño a Delfos. O único fillo que tiveron morreu pouco despois de nacer, pois llo deron a un criado para que o matase. Por tanto, sinala Iocasta, o oráculo non se cumpriu de ningún xeito.
A mención deste cruzamento de camiños fai que Edipo se pare un momento e pida máis detalles. Pregúntalle a Iocasta que aspecto tiña Laio, e Edipo de súpeto empeza a sospeitar que sexan certas as acusacións de Tiresias. Esixe que traian á súa presenza á única testemuña do asasinato desde os campos onde agora traballa de pastor. Hai un gran suspenso porque Iocasta non coñece os motivos dese medo de Edipo. Edipo conta a súa historia