Toc Toc é un filme español de comedia dirixido por Vicente Villanueva que se estreou no ano 2017, producido por LAZONA e Atresmedia e distribuído por Warner Bros Pictures. É unha adaptación da obra teatral homónima do comediógrafo francés Laurent Baffie. Os protagonistas do filme son Rossy de Palma, Paco León, Alexandra Jiménez, Nuria Herrero, Adrián Lastra e Óscar Martínez. A banda sonora está composta por Antonio Escobar.

Sinopse Na consulta dun psiquiatra de moita sona están citadas varias persoas con distintos trastornos obsesivo-compulsivos (síndrome de Tourette, síndrome de Dióxenes, obsesión polo cálculo matemático, trastorno compulsivo de verificación, obsesións coas liñas, obsesión coas bacterias, etc). Chega a hora da consulta e o médico non aparece.

Personaxes Nuria Herrero como Liliana (repite tódalas frases). Alexandra Jiménez como Blanca (obsesionada cos xermes). Rossy de Palma como Ana María (ten afán por revisar continuamente os seus obxectos e accións). Paco León como Emilio (obsesión por calcular). Adrián Lastra como Otto (evita as raias do chan). Óscar Martínez como Federico (enfermidade de tourette). Inma Cuevas como Tiffany (recepcionista). Ana Rujas como Natalia (ex-noiva de Otto).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2017 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes de Atresmedia Cine