O Steam Ship Sudan, ou simplemente Sudan, é un barco de cruceiros que opera no río Nilo. Construído en 1921, é o máis antigo e famoso entre os aproximadamente 300 barcos de pasaxeiros que operan no río.Travco-Büro Assuan.

Construción e operación O Sudan foi construído en 1921 na cidade escocesa de Paisley. Foi operado pola compañía entón líder do mercado, Thomas Cook & Son durante a primeira era dourada do turismo en Exipto, cara a 1930, e levaba principalmente a turistas británicos de clase alta.ps SUDAN auf clydesite.co.uk, abgerufen am 2.  Foi o último barco a vapor que construíu esta compañía, que logo pasounos a fabricar con motores diésel.

O barco operaba entón entre o Cairo e Wadi Halfa a través das esclusas do antigo encoro de Asuán. Co descenso do turismo a Exipto tras a segunda guerra mundial e a construción da nova presa de Asuán, o barco deixou de operar tras unha última viaxe entre Luxor e Asuán. Estivo parado durante décadas ata que a principios dos anos 90 foi posto en marcha de novo por un armador exipcio. Tras un novo período de abandono e a chegada dunha compañía francesa, o Sudan volve a transportar pasaxeiros no Nilo dende principios dos 2000.

Nome O nome do barco débese a que o Sudán era naqueles tempos un dominio angloexipcio, e estaba sometido á coroa exipcia. É chamado en países de fala inglesa PS Sudan (por Paddle Ship, barco de pás).

Novelas e filmes O Sudan xa estaba transportando turistas no Nilo cando Agatha Christie estaba alí escribindo Death on the Nile. Non obstante, non hai ningunha evidencia de que a escritora realmente viaxase neste barco.

Mais como o Sudan é o único barco de cruceiros histórico do Nilo, serviu como localización para os filmes en ambas películas da novela (a de 1978 dirixida por John Guillermin e protagonizada por Peter Ustinov e a de 2004 dirixida por Andy Wilson e con David Suchet no papel principal). En ambas películas, o barco leva o coñecido nome da novela SS Karnak, baseado no templo de Karnak en Luxor.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Sitio web do barco

Categoría:Río Nilo Categoría:Barcos de vapor Categoría:Barcos de 1921