Alpes Maritimae foi unha provincia romana do Imperio romano. Foi unha das tres provincias situadas a carón dos Alpes entre a moderna Francia e Italia, xunto con Alpes Poeninae e Alpes Cottiae. A provincia incluía partes dos actuais departamentos franceses de Alpes-Maritimes, Alpes-de-Haute-Provence e Hautes-Alpes.
Historia Fundada no 14 a.C. por Augusto, Alpes Maritimae tiña inicialmente a súa capital en Cemenelum (moderna Cimiez), actualmente un barrio da cidade de Niza, Francia.
No 297, a provincia estendeuse cara ao norte e noroeste ata o río Durance (Druentia) e o paso de Montgenèvre. A súa capital foi trasladada a Civitas Ebrodunensium, hoxe en día coñecida como Embrun.
No século III a provincia pasou a formar parte da Diocese de Vienne, que foi á súa vez parte da Prefectura da Galia.
Asentamentos Os principais asentamentos dentro da provincia incluían: Cemenelum (Cimiez) Nicaea (Niza) Antipolis (Antibes) Portus Herculis Monoeci (Mónaco) Salinae (Castellane) Sanitium (Senez) Vintium (Vence)
Despois do 297 a provincia foi ampliada para incluír: Ebrodunum (Embrun) Brigantio (Briançon) Brigomagus (Briançonnet) Civitas Rigomagensium / Rigomagus (Chorges)
Notas
Véxase tamén
Categoría:Provincias romanas