Esteban Mateus Williamson, nado en Bogotá, Colombia o 4 de maio de 1984, coñecido profesionalmente como Esteman, é un cantante e compositor colombiano.
Traxectoria Esteman deuse a coñecer na escena musical colombiana co vídeoclip da canción "No te metas a mi Facebook", que se volveu viral en YouTube, xerando máis dun millón de visitas en pouco tempo.¿Quién es Esteman? . Jet-Set. 25 de xuño de 2015. O seu álbum debut, 1er Acto, foi publicado o 28 de abril de 2012. Contou coa colaboración da cantante Andrea Echeverri na canción "Aquí Estoy Yo".Esteman - 1er Acto . YAM Magazine. Marzo de 2017. A súa segunda produción, Caótica Belleza, foi publicada o 28 de agosto de 2015 con colaboracións de Natalia Lafourcade na canción "Caótica Belleza" que dá nome ó álbum, José Quiñonez na canción "La Noche Es Corta", Li Saumet na canción "Todo Lo Que Soy" e Carla Morrison na canción "Adelante".Esteman, a deambular por el desconcierto. El Espectador. 16 de marzo de 2017.Esteman lanza su nuevo álbum ‘Caótica belleza’. Los40. 2017.
En 2016, Esteman foi un dos artistas seleccionados para facer parte da primeira edición do festival Lollapalooza en Colombia antes da súa cancelación.Star lineup to rock Bogotá at first Lollapalooza Colombia. Jared Wade. The City Paper Bogotá. 17 de xuño de 2016.Lollapalooza Colombia Canceled After Lead Headliner Drops Out, Organizers Say. Billboard. 2017. Nos Premios Grammy Latinos de 2016, Esteman foi nomeado na categoría de mellor novo artista, perdendo ante o seu compatriota Manuel Medrano. O seu álbum Caótica Belleza foi un do cinco discos nomeados a mellor álbum de música alternativa nos mesmos premios, categoría que gañou o disco L.H.O.N de Illya Kuryaki and the Valderramas.Latin Grammy Winners 2016: Complete List. Billboard. 2017.Tres colombianos, entre los más nominados al Grammy Latino. El Tiempo. 2017.
Esteman e a súa banda, "A Esteband", saíu de xira por Colombia, a Arxentina, o Perú, Chile, México e os Estados Unidos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Nados en Bogotá Categoría:Nados en 1984 Categoría:Músicos de Colombia