miniatura|Fervenza de Valaste. A fervenza de Valaste (en ) é unha fervenza que se atopa no norte de Estonia. Con 30,5 metros é a fervenza artificial máis alta dos países bálticos. Está situada entre as aldeas de Ontika e Valaste, no concello de Kohtla, no Condado de Ida-Viru. A fervenza fórmase cando as augas do regato Valaste se precipitan polos cantís que forman o Klint Báltico, a escasos metros da fervenza o regato desemboca no golfo de Finlandia. Atópase a 7 km ó nordés de Kohtla-Jarve.
A fervenza apareceu da década de 1970 como resultado dunhas obras de drenaxe. A auga aínda segue erosionando a base da fervenza polo que esta é cada vez máis alta. Até as últimas medicións realizadas en 2003 a altura estabelecida era de 25,6 metros. O maior caudal alcánzase na primavera co desxeo, e no outono. No verán diminúe considerablemente. En 1996 a Academia de Ciencias de Estonia declarou a fervenza patrimonio natural e símbolo nacional. O lugar é un popular destino turístico que é visitado sobre todo no inverno cando as augas conxeladas forman unha paisaxe de témpanos de xeo. Xusto enfronte da fervenza levantouse un miradoiro ó que se accede por unhas escaleiras de caracol metálicas construídas en 1999.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina de Valaste na páxina do concello de Kohtla Fotos de Valaste en inverno
Categoría:Fervenzas de Estonia