Thomas de Thaey, nado o 4 de marzo de 1993 en Dendermonde, Flandres Oriental, é un xogador profesional de baloncesto belga. Formado na universidade de North Carolina State, cunha altura de 2,03 m xoga na posición de ala-pivote para o Imortal LuziGás da Liga Portuguesa de Basquetebol.
Traxectoria Nado en Dendermonde, Flandres Oriental, De Thaey formouse na Canarias Basketball Academy e na Universidade de North Carolina State, onde competiu cos Wolfpack da NCAA. Con experiencia no baloncesto belga, romanés e francés, na campaña 2018−2019 asinou co Oliveirense. No equipo de Oliveira de Azeméis conseguiu gañar a Liga, onde fixo unha media de 14,8 puntos, 7,8 rebotes, cun 70% en tiros de campo e un 86% en tiros libres en 36 partidos, a Copa (onde foi nomeado mellor xogador) e a Supercopa. O 13 de xullo de 2019 anúnciase a súa incorporación ao Leite Río Breogán.
Clubs NC State Wolfpack (NCAA, 2011−2013) BC Oostende (PBL, 2012–2013) Kangoeroes Willebroek (PBL, 2013–2014) Antwerp Giants (PBL, 2014–2015) Leuven Bears (PBL, 2015–2016) Okapi Aalstar (PBL, 2016–2017) Timba Timișoara (Liga Națională, 2017) Orchies (NM1, 2018) Oliveirense (LPB, 2018–2019) CB Breogán (LEB, 2019−2020) Oliveirense (LPB, 2020–2021) Melilla Baloncesto (LEB, 2021−2022) Imortal LuziGás (LPB, 2022–presente)
Palmarés Pro Basketball League (1): 2013 Liga Portuguesa de Basquetebol (1): 2019 Supertaça (1): 2019 MVP da Taça de Portugal (1): 2019
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en espn.com
Categoría:Nados en 1993 Categoría:Nados na provincia de Flandres Oriental Categoría:Xogadores de baloncesto de Bélxica Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores do BC Oostende Categoría:Xogadores do Antwerp Giants Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán Categoría:Xogadores do Melilla Baloncesto Categoría:Xogadores do Oliveirense Basquetebol