miniatura|200px|Representación 3D do ribosoma no que se ve disposición do ARNr 23S na subunidade 50S ribosómica de Escherichia coli baseándose nunha reconstución de microscopio crioelectrónico.
O ARNr 23S (ou 23S rRNA) é un ARNr de 2904 nucleótidos de longo que é un compoñente da subunidade maior (50S) do ribosoma de bacterias e arqueas como Escherichia coli. A acividade de peptidil transferase do ribosoma reside no dominio V deste ARNr, e este dominio é o stio de unión máis común dos antibióticos que inhiben a tradución de proteínas. Un exemplo destes antibióticos é o cloranfenicol, que actúa inhibindo a formación do enlace peptídico, que segundo recentres estudos estruturais tridimensionais ten dous sitios de unión diferentes dependendo da especie da que sexa o ribosoma. O linezolid e a quinupristina-dalfopristina tamén se unen ao ARNr 23S e demostrouse a existencia de resistencia cruzada entre estes antibióticos.Silke Besier, Albrecht Ludwig, Johannes Zander, Volker Brade, and Thomas A. Wichelhaus. Linezolid Resistance in Staphylococcus aureus: Gene Dosage Effect, Stability, Fitness Costs, and Cross-Resistances. Antimicrob Agents Chemother. 2008 Apr; 52(4): 1570–1572. Publicado on line 22 de xaneiro de 2008. doi: 10.1128/AAC.01098-07. PMCID: PMC2292563. PMID 18212098 Comparado cos xenes do ARNr 16S, os xenes do ARNr 23S tipicamente teñen unha maior variación nas secuencias, incluíndo insercións ou delecións.
Funcións do ARNr 23S
En xeral, o ARNr ten unha función esencial, funcionar como peptidil transferase, que é o núcleo estimulador do ribosoma que desempeña un papel na configuración do enlace peptídico. Tanto o peptidil-ARNt coma o aminoacil-ARNt son impotantes para sintetizar proteínas e na transpeptidación. Porén, as posicións do ARNr 23S G2252, A2451, U2506 e U2585 teñen unha significativa función na unión do ARNt no sitio P da subunidade maior do ribosoma. As modificcións en nucleótidos no sitio P poden inhibir a unión do peptidil-ARNt e tamén a modificación U2555 interfire na transferencia de peptidil-ARNt puromicina. Ademais, a modificación química da metade destas posicións G2251, G2253, A2439 e U2584 pode non impedir a unión do ARNt. O peptidil-ARNt da subunidade de 50S, que se une ao sitio P preserva oito posicións do ARNr 23S da modificación química. Por outra parte, as mutacións no ARNr 23S teñen un impacto nas células en crecemento. As mutacións A1912G, A1919G e Ψ1917C orixinan un potente fenotipo de crecemento e impiden a tradución, mentres que a mutación A1916G ten un fenotipo de crecemento simple e orixina un defecto nas subunidades de 50S ribosómicas.
Notas
Véxase tamén Outros artigos ARNr LSU
Ligazóns externas
Entrada en Pseudobase para pseudonó do ARNr 23S (PKB00148)
Categoría:ARN