Leandro Carrillo Cabanas, nado en Budiño (O Pino) o 1 de xaneiro de 1908 e finado en Moar (Frades) o 30 de xaneiro de 1948, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria Labrego veciño de San Migueliño (Budiño). Enlace da guerrilla antifranquista, que tiña un acubillo no Castro de San Migueliño. Foi asasinado pola Garda Civil o 30 de xaneiro de 1948 entre A Garabanxa e O Barazón (Moar). Os veciños atoparon o cadáver e chamaron a Garda Civil, que ordenou o traslado a butilla da igrexa de Moar. Ao día seguinte apareceu o forense e e soterraron o cadáver no adro da igrexa de Moar sen a presenza da familia, que o estaba buscando.

Vida persoal Casou con María Naveiro Ramos, e tiña cinco fillos: Carnen, Dolores, Raúl, Estrella e Manuel Carrillo Naveiro.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Censo das mortes violentas na comarca de Ordes (1936-1952)

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados no Pino Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 1948 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes