Harar (en harari: ሐረር ; en oromo: Adare Biyyo), e coñecida polos seus habitantes como Gēy (en harari: ጌይ), é unha cidade amurallada do leste de Etiopía. É a capital de Hararghe leste e da rexión de Harari de Etiopía. A cidade atópase no cumio dun outeiro na extensión leste de Oromia, a preto de cincocentos quilómetros da capital nacional Adís Abeba e atópase a unha altitude de 1 885 metros. Segundo a Axencia Central de Estatística de 2005, Harar tiña unha poboación estimada de 122 000 habitantes, dos cales 60 000 son homes e 62 000 son mulleres.CSA 2005 National Statistics , Table B.4 Segundo o censo de 1994, sobre o cal está feita a estimación da axencia, a cidade tiña unha poboación de 76 378 persoas.

Durante séculos, Harar foi un gran centro comercial, ligado a rutas comercias co resto de Etiopía, co Corno de África, a Península Arábiga, e a través dos portos, con todo o mundo. Harar Jugol, a antiga cidade amurallada, foi considerado Patrimonio da Humanidade en 2006 pola UNESCO en recoñecemento da súa herdanza cultural. É coñecida en árabe como a "Cidade dos Santos" (, madinat al-awliyaʾ). De acordo coa UNESCO, é "considerada 'a cuarta cidade santa' do islam", con 82 mesquitas, tres das cales datan do século X, e 102 santuarios.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Fritz Stuber, "Harar in Äthiopien - Hoffnungslosigkeit und Chancen der Stadterhaltung" (Harar in Ethiopia - The Hopelessness and Challenge of Urban Preservation), in: Die alte Stadt. Vierteljahreszeitschrift für Stadtgeschichte, Stadtsoziologie, Denkmalpflege und Stadtentwicklung (W. Kohlhammer Stuttgart Berlin Köln), Vol. 28, No. 4, 2001, , pp. 324–343, 14 ill. David Vô Vân, Mohammed Jami Guleid, Harar, a cultural guide, Shama Books, Addis Abeba, 2007, 99 páxinas

Categoría:Cidades de Etiopía Categoría:Patrimonio da Humanidade en Etiopía Categoría:Cidades santas