O termo Alvariza pode referirse a:
Apiario, conxunto de colmeas de abellas; Abellariza, construción tradicional consistente nun muro, xeralmente circular, onde se garda un apiario para o protexer do clima e os animais; Alvariza, grupo musical folk galego.
Como topónimo, pode referirse a:
En Galiza Alvariza, lugar da parroquia de Barro, no concello de Noia; Alvariza, lugar da parroquia da Broza, no concello do Saviñao; A Alvariza, lugar da parroquia da Viña, no concello de Irixoa; A Alvariza, lugar da parroquia de Santa Cruz de Moeche, no concello de Moeche; A Alvariza, lugar da parroquia de Cereixa, no concello da Pobra do Brollón; A Alvariza, lugar da parroquia da Porta, no concello de Sobrado.