Morayoninuoluwa Chukwemeka Soluade, máis coñecido como Morayo "Mo" Soluade, nado o 12 de xullo de 1995 en Londres, Inglaterra, é un xogador profesional de baloncesto internacional británico. Formado na canteira do Unicaja Málaga, cunha altura de 1,96 m xoga na posición de base. Actualmente xoga para os London Lions da British Basketball League.

Traxectoria Nado en Londres, Soluade chegou a Málaga como júnior de primeiro ano en 2011. Tras a súa formación ascende até o filial do Unicaja Málaga na Liga LEB, o Clínicas Rincón. Na temporada 2014−15 debuta na Liga ACB e na Euroliga, xogando cinco e catro xogos respectivamente. Con todo, a súa falta de oportunidades no primeiro, lévao a asinar polo Gipuzkoa de ACB en 2016. Ao ano seguinte xoga para o San Pablo Burgos, equipo co que consegue o ascenso á Liga ACB. En 2017 regresa ao Unicaja para xogar en ACB. Tras non dispor de moitos minutos viaxa a Polonia para xogar no Legia Warszawa, onde é campión do concurso de mates da PLK. O 26 de xullo de 2019 anúnciase a súa fichaxe polo Leite Río Breogán da Liga LEB.

O 23 de xullo de 2021, anunciouse a súa fichaxe polo Club Básquet Coruña da Liga LEB Ouro.

Clubs Clínicas Rincón (LEB, 2013–2016) Unicaja Málaga (ACB / Euroliga, 2014–2015) Gipuzkoa (ACB, 2016) San Pablo Burgos (LEB, 2017−2018) Legia Warszawa (PLK, 2018–2019) CB Breogán (LEB, 2019–2021) Club Básquet Coruña (LEB, 2021–2022) London Lions (BBL, dende 2022)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en euroleague.net Perfil en acb.com Perfil en feb.es

Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados en Londres Categoría:Xogadores de baloncesto de Inglaterra Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Xogadores do CB Axarquía Categoría:Xogadores do CB Málaga Categoría:Xogadores do San Sebastián Gipuzkoa BC Categoría:Xogadores do CB Miraflores Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán Categoría:Xogadores do Club Básquet Coruña Categoría:Xogadores dos London Lions