A carriza dos xuncos, Ver Frases e expresións con carriza > carriza dos xuncos. tamén chamada picaxuncos,Dicionario Digalego picaxuncos Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5. (Cisticola juncidis) é un paxaro amplamente distribuído no Vello Mundo, desde o sur de Europa, a África (excepto nos desertos e selvas) e ao sur de Asia ata o norte de Australia. En Galicia é unha especie nativa e común. É un pequeno paxaro que se encontra principalmente en zonas de pradeira, doado de identificar pola súa mitra marrón avermellada; ademais, carece de colar dourado e a súa cola amarronada ten os extremos brancos. Durante a estación reprodutora, os machos realizan unha exhibición de voo zigzagueante acompañada dunhas chamadas regulares, que foron comparadas co ruído de abrir e pechar tesoiras. Constrúen un niño con forma de bolsa nunha mata de herbas.
Taxonomía e sistemática
miniatura|C. j. uropygialis (Dakar, Senegal) O picaxuncos ou carriza dos xuncos foi descrita polo naturalista Constantine Samuel Rafinesque en 1810 que lle deulle o nome de Sylvia juncidis. A localidade tipo é Campofelice di Roccella en Sicilia. O actual xénero Cisticola procede da palabra do grego antigo kisthos, "cistácea", e do latín colere, "habitar, morar". O nome específico juncidis tamén é latino e é o diminutivo de iuncus, 'xunco'. Aínda que un dos seus nomes galegos é "carriza" dos xuncos, non ten nada que ver co outro paxaro chamado carriza ou carrizo, que é outra especie que pertence a outra familia, a dos troglodítidos.
Ao longo da súa ampla área de distribución, obsérvanse varias variacións nas poboacións e recoñecéronse 18 subespecies. Diferéncianse lixeiramente nas súas chamadas, plumaxe e tamaño e algunhas foron consideradas especies separadas nalgúns tratamentos taxonómicos. A forma nominal encóntrase no sur de Francia, Grecia, Turquía, Sicilia, Córsega e Exipto, mentres que no oeste de Portugal e España vive a subespecie cisticola. A poboación en Palestina, Siria, Iraq e Irán é a neuroticus, mentres que no norte e leste de África a poboación é a uropygialis ou a perennius (máis ao sur). Gabón, Angola e o sur de África son o fogar da subespecie terrestris. A poboación das montañas Ghats occidentais da India é a salimalii, que non mostra unha variación na cola estacional como na cursitans das chairas da India e da zona seca de Sri Lanka, que ten unha cola máis longa na estación non reprodutora. A poboación malaya encóntrase no sueste de Asia, a tinnabulans máis ao norte no sur da China, mentres que a brunniceps se encontra en Corea e o Xapón. Outras poboacións son: nigrostriatus (Filipinas), constans (Sulawesi, Indonesia), fuscicapilla (leste de Xava), leanyeri (norte de Australia), normani (noroeste de Queensland, Australia) e laveryi (nordés de Australia).
Este xénero ás veces divídese en varios e á familia que os acolle dáselle o nome de Cisticolidae (tradicionalmente Cisticola estaba dentro da familia Silvidae).
Descrición
Ten unha lonxitude de 10 a 12 cm. É marrón pola parte superior, con moitas liñas con marcas negras. A parte inferior é abrancazada, e a cola é ancha, con extremos brancos e móvea frecuentemente. Os machos adultos teñen menos liñas no píleo e máis marcas negras que as femias, pero non hai grandes diferenzas entre os sexos ou entre as dezaoito razas xeográficas. A ausencia dun colar nucal diferéncio do Cisticola exilis. Fóra da estación reprodutora, adoitan vagar entre as herbas e pode ser difícil velos.
Hábitat e distribución
Esta especie encóntrase principalmente en hábitats de pradeira, xeralmente preto da auga. A maioría das poboacións son residentes, pero algunhas poboacións do leste de Asia migran ao sur a zonas máis cálidas en inverno. Nos Himalayas, ascenden a uns 1900 m de altura durante o verán, pero permanecen por debaixo dos 1300 m en inverno. Esta especie é unha ave vagante rara no norte de Europa, principalmente como un visitante de primavera que chegou demasiado ao norte. A súa área en Europa está xeralmente en expansión, aínda que as poboacións do norte son especialmente susceptibles aos invernos duros. miniatura|Ovo da especie na coleccións do Museo de Historia Natural de Tolosa.|esquerda|147x147px
Comportamento e ecoloxía
Son aves insectívoras moi pequenas, que ás veces se encontran en pequenos grupos. A estación reprodutora está asociada coas chuvias. En moitas rexións crían dúas veces no ano. Os machos son políxinos, mais algúns son monógamos. O macho constrúe a estrutura inicial do niño no profundo das zonas de herbas, e invita as femias usando unha exhibición especial. As femias que aceptan que o macho complete o niño. O niño faise unindo follas vivas nun tecido suave de feltro feito de plantas, arañeiras e herbas. O niño ten forma de copa cun dosel de follas ou herbas atadas por riba como camuflaxe. Poñen de 3 a 6 ovos. A femia incuba os ovos, os cales eclosionan uns 10 días despois. Poden criar máis dunha rolada de pitos. As femias cambian de parella frecuentemente e raramente permanecen no mesmo territorio, mentres que os machos son menos móbiles. As femias poden ás veces reproducirse no seu primeiro ano.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ageing and sexing by Javier Blasco-Zumeta & Gerd-Michael Heinze (PDF; 2.8 MB)
Zitting cisticola/Fantailed Cisticola – Texto sobre a especie en The Atlas of Southern African Birds.
Categoría:Cisticólidos Categoría:Sílvidos Categoría:Animais descritos en 1810