Caparrapí, oficialmente Villa de Caparrapí, é un concello colombiano do departamento de Cundinamarca, que se atopa na provincia de Bajo Magdalena, a 172 km ó noroeste de Bogotá. A temperatura media anual é de 23 °C CLIMATE-DATA.ORG, Clima: Chocontá. e a altitude media da cabeceira municipal é de 1271 m s. n. m.
Toponimia O topónimo «Caparrapí», en lingua colima, quere dicir «habitante dos barrancos», e provén das palabras caparra, «barranco» e pi, «habitante».
Historia O asentamento dos indíxenas caparrapís estaba na confluencia da crebada Guatachí co río Negro, distante do lugar actual.
Nos primeiros días de 1560, Antonio de Toledo fundou e poboou a Vila de Caparrapí por orde de Real Audiencia de Santafé de Bogotá, no outeiro deste nome. A fundación tamén se lle atribúe a Gutiérrez de Ovalle en 1562 cando trasladou a localización de La Palma. Estas fundacións refírense a La Palma, nos diferentes sitios que estivo, mais non a Caparrapí, que non foi vila senón pobo de indios.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Concellos de Cundinamarca