miniatura|Un capuchino clásico. Un capuchinoNome galego en Vida doméstica. Alimentación. Hostalaría > Alimentación no Buscatermos da USC. (do italiano cappuccino) é un café con leite moi escumoso. A bebida naceu en Italia e prepárase con café expreso e leite montado con vapor para crear a escuma característica. É tamén común esparxerlle por riba da escuma cacao ou canela en po. Por regra xeral a proporción de ingredientes é 125 ml de leite e 25 ml de café. Para conseguir un capuchino perfecto é importante que o café sexa expreso e controlar a temperatura do leite, que non debe superar os 70 °C.

A técnica do barista para lle dar volume ao leite é introducindo, por medio de vapor a presión, burbullas de ar miudiñas que lle outorgan a textura cremosa.

Orixe O capuchino toma o seu nome da cor do hábito dos frades capuchinos (cappuccio significa "capucha" ou "carapucha" en italiano), ou se cadra do aspecto da súa tonsura (o pequeno círculo que se rasuraba antigamente no curuto da cabeza dos aspirantes a eclesiásticos). Segundo a lenda, despois da batalla de Viena de 1683, os vieneses prepararon café usando os sacos deixados polos turcos e, para suavizar o seu forte sabor, engadiron crema e mel, obtendo unha cor semellante ao do hábito dos capuchinos. A bebida sempre foi coñecida polo seu nome italiano, xa que a máquina de café expreso coa que normalmente se fai é un invento patentado en 1901 por Luigi Bezzera nese país.

Consumo Hoxe en día, o capuchino non só é común en Italia senón tamén en todo o mundo. O capuchino estendeuse inicialmente por toda Europa, adquirindo a súa forma definitiva ao redor de 1950, para despois chegar ás Américas. A partir da segunda metade dos anos 90 a bebida é consumida en todo o planeta. En Italia o capuchino bébese exclusivamente no almorzo, a miúdo con bolos, e noutros países tamén se toma ao longo da xornada. miniatura|Capuchino feito con leite de camelo (camel en idioma inglés), de aí a variación no nome: "camelcino". O capuchino sérvese nunha cunca de cerámica duns 180 ml, ideal para reter a calor. Nalgúns locais, os baristas expertos crean arte del latte ao verter o leite correctamente cremado ao vapor no café expreso, creando deseños coma por exemplo: mazás, corazóns, follas e rosas.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Free newsletter featuring articles on the quality of espresso, chemical and sensory analysis, and market trends.

Categoría:Café Categoría:Almorzos Categoría:Gastronomía de Italia