Ramiro Bahamonde Magariños, coñecido profesionalmente como Miro Magariños, nado en Cuntis en 1957, é un actor e artesán do coiro galego.

Traxectoria Comezou no teatro na década de 1980, baixo as ordes de directores como Cándido Pazó ou Avelino González e formou parte do Centro Dramático Galego. Tamén integrou Teatro do Morcego e fundou a súa propia compañía, a Compañía Miro Magariños, chegando a compatibilizar ata seis espectáculos simultáneos. Nos anos 90 entrou no mundo do audiovisual, traballando en series como Mareas vivas ou Pratos combinados e en filmes como Lena ou Ilegal. Con todo, foi o seu papel de Elías na serie de éxito da Televisión de Galicia Libro de familia, a que lle deu gran sona entre o público galego entre 2005 e 2011. Nos seguintes anos participou noutras producións de sona como Todo é silencio, Fariña, Jacinto, Rapa ou Los domingos.

Aveciñado en Barro dende a década de 1980, traballa tamén como artesán do coiro. Rexentou un negocio de coiro na rúa Real de Pontevedra e dende 2016 traballa no seu taller da rúa Cruz Vermella da capital pontevedresa.

Televisión Pequeno Hotel Pratos combinados Mareas vivas Libro de familia (2005-) La que se avecina (2010) Casa Manola (2014)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas no Soportal do Audiovisual Galego.

Categoría:Actores de Cuntis Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Nados en 1957 Categoría:Nados en Cuntis Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes