O cisne pequenoPenas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5. (Cygnus columbianus) é un cisne de pequeno tamaño do Holártico. Os dous taxons con categoría de subespecie que comprende son xeralmente considerados conespecíficos, pero ás veces son separados en dúas especies: Cygnus bewickii (cisne de Bewick) do Paleártico e o C. columbianus propiamente dito, do Neártico. As poboacións do leste de Rusia (aproximadamente ao leste da península de Taimir) son ás veces separadas na subespecie C. c. jankowskii, pero isto non está amplamente aceptado e a maioría dos autores inclúenas en C. c. bewickii. O cisne pequeno é ás veces clasificado no subxénero Olor xunto coas outras especies de cisnes árticos.

O cisne de Bewick foi nomeado en 1830 por William Yarrell en honor do gravador Thomas Bewick, que se especializou en ilustracións de aves e outros animais. Cygnus é a palabra latina para cisne, e columbianus vén do río Columbia, a localidade tipo.

Descrición esquerda|miniatura|Un C. c. columbianus con mancha amarela na base do bico. C. columbianus é o cisne de menor tamaño do Holártico, cunha lonxitude de 115 a 150 cm, e de 168 a 211 cm de envergadura e un peso de 3,4 a 9,6 kg. En aves adultas, a plumaxe de ambas as subespecies é enteiramente branca, con pés negros e un bico que é principalmente negro, cunha delgada liña cor salmón que percorre a liña da boca e, dependendo da subespecie, máis ou menos amarelo na parte proximal. O iris é marrón escura. Nos exemplares que viven en augas que conteñen grandes cantidades de ión ferro (por exemplo lagos pantanosos), a plumaxe da cabeza e pescozo adquire un ton dourado ou ferruxento. As femias son lixeiramente menores que os machos, pero non son diferentes en aspecto.

miniatura|esquerda|Adulto (diante) e inmaturo de seis meses de idade de cisnes de Bewick (C. c. bewickii) invernando en Saitama (Xapón). Os inmaturos de ambas as subespecies son brancos con algunhas plumas gris claras, principalmente na cabeza e parte superior do pescozo, partes que ás veces son totalmente grises claras; a súa plumaxe do primeiro verán é xa bastante branca e no seu segundo inverno mudan á plumaxe adulta. Os bicos téñenos negros cunha gran mancha rosa sucia na maior parte da metade proximal e a miúdo con orificios nasais negros e pés grises escuros con tons rosas. As crías cubertas de penuxe son grises prateadas pola parte superior e brancas pola inferior.

A subespecie máis pequena é a de Bewick. Hai unha lixeira clina en tamaño pola que os exemplares do leste son algo máis grandes; porén, só existen bos datos de medidas para as poboacións do oeste. Estes pesan de 3,4 a 7,8 kg, como media 6,4 kg en machos e 5,7 kg en femias. A lonxitude total é de 115 a 140 cm; e unha á mide de 46,9 a 54,8 cm de longo, como media 51,9 cm en machos e 50,4 cm en femias. As medidas da lonxitude do tarso son de 9,2 a 11,6 cm, o bico é de 8,2 a 10,2 cm, como media 9,1 cm. A subespecie de Bewick é similar en aparencia á especie parapátrica Cygnus cygnus, pero é de menor tmaño, de pescozo máis curto e ten unha cabeza máis arredondada, cun padrón do bico moi variable, pero sempre presenta máis cor negra que amarela e a mancha amarela da base ten un bordo anterior que non acaba en punta. O Cygnus cygnus ten un bico que é máis amarelo que negro e co bordo anterior da mancha amarela xeralmente en punta. O padrón do bico de cada individuo da subespecie de Bewick é único e os científicos a miúdo fan debuxos detallados de cada bico e asignan nomes aos cisnes para facilitar o estudo destas aves. As aves do leste, ademais de seren máis grandes, adoitan ter menos amarelo no bico, o que quizais indica que hai un fluxo xénico a través de Berinxia, que se ben é marxinal, nunca cesou. Informouse dun caso aparente de híbridación entre a subespecie C. c. bewickii e exemplares errantes de C. c. columbianus no leste de Siberia.

miniatura|esquerda|C. c. columbianus adultos. Clicar para aumentar e ver a variación nas manchas amarelas do bico. miniatura|C. c. columbianus adulto en voo. Vistos desde abaixo, todos os cisnes do "árticos" parecen case idénticos. Os C. c. columbianus pesan de 4,3 a 9,5 kg, a media é 7,3 kg en machos e 6,4 kg en femias, e miden de 120 a 150 cm de lonxitude. Cada á ten de 50 a 57 cm de longo; o tarso mide de 9,4 a 11,4 cm de lonxitude, e o bico de 9,1 a 10,7 cm. C. c. columbianus distínguese de C. c. bewickii polo seu maior tamaño e o seu bico case negro, só cunha mancha amarela xeralmente moi pequena e difícil de ver pero de tamaño variable na base. Distínguese da especie en gran medida alopátrica Cygnus buccinator de Noreamérica polo seu maior tamaño e bico moito máis longo, que é todo negro agás unha liña da boca rosa, que é máis intensa que no C. c. columbianus.

Cómpre indicar que as variacións de cor con máis ou menos amarelo, ou rosa en vez de amarelo ou negro, non son excepcionais, especialmente no cisne de Bewick, que en casos moi raros pode mesmo ter pés amarelados. O pequeno tamaño e especialmente o pescozo bastante curto, que fai que se pareza a un ganso grande branco, aínda serven como marcas distintivas.

Os cisnes pequenos teñen chamadas agudas tipo grallada e sons similares aos dos gansos Branta. Son especialmente ruidosos cando buscan comida en bandadas nos seus terreos de invernada; cada vez que un exemplar chega ou marcha os que o rodean emiten unha sucesión de chamadas altas. As chamadas do C. c. columbianus non son moi diferentes das do C. c. bewickii. A chamada de voo deste último é un ladrido resoante máis baixo e suave, que se describiu na literatura como bow-wow...; o C. c. columbianus emite un ladrido trisilábico moi agudo wow-wow-wow en voo. En contraste, os cisnes C. cygnus e C. buccinator fan chamadas que son un profundo ouleo e un agudo son de corno francés, respectivamente. As aves en voo destas especies teñen pescozos máis curtos e teñen un batido de ás máis rápido que os seus parentes, pero adoita ser imposible diferencialos excepto polas súas chamadas.

Distribución

miniatura|Bandada de C. c. columbianus adultos e novos. Vive nas tundras das rexións árticas e subárticas, onde habita en pozas ou lagoas pouco profundas, lagos e ríos. Estas aves, a diferenza do cisne común ou mudo Cygnus olor pero igual que outros cisnes árticos, son migratorias. O hábitat invernal de ambas as subespecies son as pradeiras e pantanos, a miúdo preto da costa; gústalles visitar os campos agrícolas despois da colleita para alimentarse dos grans descartados e durante a migración poden facer escala en lagos de montaña.Audubon Society Tundra swan Segundo National Geographic, cando migran poden voar a grande altura en fano en formación en V.

A área reprodutora de C. c. bewickii esténdese polas terras baixas costeiras de Siberia, desde a península de Kola ao leste ata o Pacífico. Empezan a chegar aos seus terreos de reprodución arredor de mediados de maio, e parten para os seus cuarteis de inverno a finais de setembro. As poboacións ao oeste da península de Taimir migran a través do mar Branco, mar Báltico e o estuario do río Elba para invernar en Dinamarca, Países Baixos e s illas británicas. No Reino Unido son comúns en inverno nas reservas naturais de aves silvestres da Royal Society for the Protection of Birds e o Wildfowl and Wetlands Trust. Algúns exemplares tamén invernan noutros lugares na costa sur do mar do Norte. O cisne de Bewick que se reproduce no lese de Rusia migra a través de Mongolia e norte da China para invernar nas rexións costeiras de Corea, Xapón e sur da China, ata Guangdong e ocasionalmente chegan a Taiwán. Uns poucos exemplares de Siberia central tamén invernan en Irán ao sur do mar Caspio; noutrora estas bandadas tamén migraban ao mar de Aral antes de que se producise a catástrofe ecolóxica a finais do século XX que secou moitos hábitats nese mar interior. A chegada aos cuarteis de inverno empeza a mediados de outubro, aínda que a maioría pasan semanas ou mesmo meses en lugares de descanso favoritos e non chegan aos lugares de invernada ata novembro ou mesmo en xaneiro. As aves abandonan os terreos de invernada para reproducirse desde mediados de febreiro. Exemplares errantes poden chegar máis ao sur da súa área habitual en anos fríos e foron rexistrados na maioría dos países europeos onde as aves normalmente non invernan, incluída Galicia, pero tamén en Alxeria, Iraq, Palestina, Libia, Nepal, nordeste de Paquistán e nas illas Marianas e illas Volcano no oeste do Pacífico. Observáronse aves errantes na migración de primavera na illa do Oso, Islandia e Svalbard e en Alasca, Oregón e Saskatchewan en América do Norte.

C. c. columbianus reprodúcese nas chairas costeira de Alasca e o Canadá, que abandona para invernar en outubro. Chegan aos territorios de invernada en novembro/decembro. As aves que se reproducen no oeste de Alasca invernan ao longo da costa do Pacífico desde o sur de Alasca a California; a miúdo móvense cara ao interior, especialmente aos ricos campos de alimentación do Val Central de California, e algúns cruzan as Montañas Rochosas de novo e invernan máis ao leste en Utah e o sur de Texas e norte de México. As aves que se reproducen nas costas do océano Glacial Ártico migran a través do Canadá e a rexión dos Grandes Lagos para invernar na costa do Atlántico dos Estados Unidos, principalmente desde Maryland a Carolina do Sur, pero algúns móvense máis ao sur ata Florida. Os C. c. columbianus empezan a partir de volta para os seus terreos de reprodución a mediados de marzo e chegan a finais de maio. Rexistráronse aves errantes nas Bermudas, Cuba e illas Hawai, Porto Rico, e en Inglaterra, Irlanda, Xapón, nordeste de Siberia e Suecia. En Galicia é unha ave accidental que raramente chega ao noso territorio.

Ecoloxía e bioloxía Dieta

miniatura|esquerda|Cisne de Bewick alimentándose mergullando medio corpo. En verán a súa dieta consiste principalmente en vexetación acuática (por exemplo, Glyceria, Potamogeton e Zostera), que recollen estirando o pescozo baixo a auga ou envorcando medio corpo dentro da auga mentres nadan; tamén comen algo de herba que crece en terra seca. Noutros momentos do ano, recollen os grans de cereais que quedan nos campos despois da colleita e outros produtos agrícolas como patacas en campos abertos. Os cisnes pequenos buscan comida principalmente de día. Na estación reprodutora adoitan ser territoriais e son agresivos con moitos animais que pasan por onda eles. Fóra da estación reprodutora son aves bastante gregarias.

Predadores naturais