Non confundir coa rexión de Kunene, de Namibia.
Cunene é unha das 18 provincias en que se divide administrativamente Angola, localizada na rexión sur do país.
A súa capital é a cidade de Ondijiva, no municipio de Cuanhama.
Xeografía Limita ao leste coa provincia de Namibe, ao norte coa provincia de Huíla, ao oeste coa provincia de Cuando Cubango e ao sur con Namibia, a través do río Cunene, que marca a fronteira entre ambos os países.
A provincia comprende os municipios de Cahama, Cuanhama, Curoca, Cuvelai, Namacunde e Ombadja.
É nesta provincia na que o río Cunene toma o seu nome.
Segundo as proxeccións de poboación de 2018, elaboradas polo Instituto Nacional de Estatística de Angola, ten unha poboación de 1 121 748 habitantes,Schmitt, Aurelio (3 de febreiro de 2018): "Municípios de Angola: Censo 2014 e Estimativa de 2018". Revista Conexão Emancipacionista. e unha superficie de 78 342 km².
A provincia de Cunene é a que ten menos homes para cada grupo de cen mulleres.Dados Preliminares do Censo 2014 .
Ten un clima tropical seco. Os seus principais cultivos son o millo, a iuca e as hortalizas.
Tamén se explotan o ferro e o cobre.
Poboación dos municipios Poboación estimada en xullo de 2018.
Cahama, 79 379 hab. Cuanhama, 424 306 hab. Curoca, 46 556 hab. Cuvelai, 65 026 hab. Namacunde, 160 992 hab. Ombadja, 345 490 hab.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Elisete Marques da Silva (2003): Impactos da ocupação colonial nas sociedades rurais do Sul de Angola. Lisboa: Centro de Estudos Africanos/ISCTE - Instituto Universitário de Lisboa.
Ligazóns externas Dados Preliminares do Censo 2014 .
Categoría:Provincias de Angola