«Voorgoed voorbij» (; en galego: «Acabouse para sempre») é unha canción composta por Jelle de Vries e interpretada en neerlandés por Corry Brokken. Foi elixida para representar aos Países Baixos no Festival de Eurovisión de 1956 tras gaña-la final nacional neerlandesa, Nationaal Songfestival 1956.
Festival de Eurovisión 1956 miniatura|esquerda|Corry Brokken, intérprete da canción, en 1958. Selección Esta canción participou no Nationaal Songfestival 1956, a final nacional para elixir as dúas actuacións que representarían aos Países Baixos no Festival de Eurovisión 1956. Esta celebrouse o 24 de abril de 1956, un mes antes do festival, no estudo de televisión de AVRO en Hilversum.
A canción foi interpretada pola cantante neerlandesa Corry Brokken en quinto lugar, sucedendo a Jetty Paerl con «De telefoon» e precedendo a Bert Visser con «Meisje». O resultado da votación, que foi realizada polos telespectadores enviando tarxetas postais, foi anunciado o 5 de maio. A canción gañou a final con 1854 puntos, cualificándose para participar no Festival de Eurovisión xunto á canción «De vogels van Holland», que obtivo o segundo posto con 1530 puntos.
No festival A canción participou no festival celebrado no Teatro Kursaal de Lugano o 24 de maio de 1956, sendo interpretada por Corry Brokken. A orquestra foi dirixida por Fernando Paggi.
Foi interpretada en oitavo lugar, seguindo a Italia con Franca Raimondi interpretando «Aprite le finestre» e precedendo a Suíza con Lys Assia interpretando «Refrain». O resultado das votacións non foi revelado, polo que se descoñece en que posto terminou a canción.
Notas
Referencias
Véxase tamén Outros artigos Países Baixos no Festival de Eurovisión
Categoría:Cancións en lingua neerlandesa Categoría:Cancións de 1956 Categoría:Cancións de Eurovisión 1956 Categoría:Cancións dos Países Baixos en Eurovisión