O bilurico comúnPenas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5. ou bilurico patirrubio (Tringa totanus) é unha ave limícola de Eurasia da familia Scolopacidae. O nome do xénero vén do nome neolatino Tringa que lle deu ao bilurico alinegro (Tringa ochropus) Aldrovandus en 1599 baseándose no nome do grego antigo trungas, dado a unha ave mencionada por Aristóteles. O nome específico, totanus, vén de tótano, o nome italiano para esta ave. En Galicia é unha ave invernante común.
Descrición e sistemática
miniatura|esquerda|Ave fóra da época de reprodución en voo na Lagoa de Venezia, Italia. miniatura|Bilurico común procurando alimento. Os biluricos comúns en plumaxe reprodutora son de cor marón xaspeado, lixeiramente máis claros pola parte inferior. En plumaxe de inverno adquiren un ton algo máis claro e con menos xaspeado, sendo dun marrón cincento bastante uniforme e abrancazados pola parte ventral. Teñen patas vermellas e un peteiro tamén vermello e con punta negra, e mostran en voo un dorso branco e as beiras traeiras das ás brancas.
Diferénciase do bilurico escuro (T. erythropus), que se reproduce no Ártico, porque este ten un bico e patas máis longos e unha plumaxe reprodutora moi escura e unha plumaxe invernal moi clara. Esta especie non é un parente especialmente próximo do bilurico común, senón que pertence á liñaxe dos biluricos grandes de latitudes altas. Por outra parte, T. totanus está estreitamente emparentado co bilurico fino (T. stagnatilis), e é máis próximo aínda ao bilurico bastardo ou pintado (T. glareola). Os antepasados deste último e o bilurico común parece que diverxeron no límite entre o Mioceno e o Plioceno, hai uns 5 ou 6 millóns de anos. Estas tres especies das rexións subárticas ata as temperadas forman un grupo de biluricos máis ben pequenos que teñen patas vermellas ou amarelas, e na plumaxe reprodutora teñen xeralmente un suave ton marrón pola parte superior con algunhas manchas escuras e unhas manchas marróns pequenas algo difusas no peito e pescozo.
Subespecies Identificáronse varias subespecies, como son: T. t. robusta - (Schiøler, 1919): atopada en Islandia e as illas Faroe. T. t. ussuriensis - Buturlin, 1934: atopada no sur de Siberia, Mongolia e leste de Asia. T. t. terrignotae - Meinertzhagen, R. & Meinertzhagen, A., 1926: atopada no sur de Manchuria e leste da China. T. t. craggi - Hale, 1971: atopada no noroeste da China. T. t. eurhina - (Oberholser, 1900): atopada en Tadjiikistán, norte da India e o Tíbet.
Ecoloxía O bilurico común é unha ave moi espallada nas zonas temperadas de Eurasia. É unha ave migratoria, que inverna nas costas arredor do Mediterráneo, na costa atlántica europea desde Irlanda e Gran Bretaña cara ao sur (incluíndo Galicia), e no sur de Asia. Fóra destas áreas poden aparecer como aves errantes pouco comúns; en Palau en Micronesia por exemplo, a especie foi rexistrada na metade da década de 1970 e en 2000.
Son aves cautelosas e ruidosas que dan a alerta a todos os demais se hai perigo coa súa chamada alta e piante. Igual que a maioría dos limícolas, aliméntanse de pequenos invertebrados. Fan o niño en todo tipo de zonas húmidas, desde pradeiras pantanosas a marismas salinas, ás veces en grandes densidades. Poñen de 3 a 5 ovos.
É unha das especies ás que se aplica o Acordo para a Conservación das Aves Acuáticas Migrtorias Africano-eurasiático (AEWA).
Está amplamente distribuído e é bastante abondoso nalgunhas rexións, polo que non se considera que estea ameazado segundo a IUCN.
Galería
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Imaxes e documentación Ageing and sexing (PDF; 1.4 MB) de Javier Blasco-Zumeta & Gerd-Michael Heinze
Categoría:Escolopácidos Categoría:Animais descritos en 1758