O bilurico patiamarelo pequenoPenas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5. (Tringa flavipes) é unha ave limícola de tamaño medio da familia Scolopacidae. O nome do xénero Tringa procede do nome neolatino que lle deu Aldrovandus en 1599 ao bilurico alinegro, que derivou do termo grego usado por Aristóteles trungas, referido a unha ave non perfectamente identificada. O nome específico flavipes procede do latín flavus, 'amarelo' e pes, `pés'.

Esta especie é de aparencia similar á especie de maior tamaño bilurico patiamarelo grande (Tringa melanoleuca), aínda que está máis emparentado co moito máis grande Tringa semipalmata; o padrón denso, claro e fino do seu pescozo en plumaxe reprodutora indica o parentesco entre estas especies. miniatura|esquerda|Polos de T. flavipes É un limícola de medio tamaño que mide uns 27 cm de lonxitude. As patas son amarelas. Comparado co bilurico patiamarelo grande, o bico é máis curto (visualmente de aproximadamente o mesmo tamaño que a cabeza), delgado e recto de cor uniformemente escuro. O peito ten manchas e os flancos están finamente marcados con barras curtas.

O seu hábitat de reprodución son os claros preto de lagoas na rexión do bosque boreal desde Alasca a Quebec. Aniñan no chan, xeralmente en sitios secos abertos.

Migran ás costas do golfo de México dos Estados Unidos e ao sur de Suramérica. Esta especie é unha ave errante regular no oeste de Europa e a Galicia só chegan algunhas aves accidentais ou, por exemplo, en Gran Bretaña só se rexistran uns cinco exemplares cada ano, principalmente entre agosto e outubro."Leser Yellowlegs (species profile)" at the Natural Lizard website (consultado o 5 de abril de 2019)

Aliméntanse en augas pouco profundas, ás veces usando o bico para remexer na auga. Comen principalmente insectos, pequenos peixes e crustáceos.

A chamada desta ave é máis suave que a do bilurico patiamarelo grande, moito máis áspera.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Informe sobre a especie - Cornell Lab of Ornithology Tringa flavipes - USGS Patuxent Bird Identification InfoCenter

Categoría:Escolopácidos Categoría:Animais descritos en 1789