«Amami se vuoi» (en galego: «Ámame se queres») é unha canción composta por Vittorio Mascheroni e interpretada en italiano por Tonina Torrielli. Lanzouse como sinxelo en 1956 mediante Fonit Cetra. Foi elixida para representar a Italia no Festival de Eurovisión de 1956 tras obte-lo segundo posto no Festival da Canción de Sanremo 1956.
Festival de Eurovisión 1956 Selección «Amami se vuoi» cualificouse para representar a Italia no Festival de Eurovisión 1956 tras obte-lo segundo posto final nacional italiana, o Festival da Canción de Sanremo 1956.
No festival A canción participou no festival celebrado no Teatro Kursaal de Lugano o 24 de maio de 1956, sendo interpretada pola cantante italiana Tonina Torrielli. A orquestra foi dirixida por Gian Stellari.
Foi interpretada 14.ª, seguindo a Luxemburgo con Michèle Arnaud interpretando «Les amants de minuit». O resultado das votacións non foi revelado, polo que se descoñece en que posto terminou a canción.
Notas
Referencias
Véxase tamén Outros artigos Italia no Festival de Eurovisión
Categoría:Cancións en lingua italiana Categoría:Cancións de 1956 Categoría:Sinxelos de 1956 Categoría:Cancións de Eurovisión 1956 Categoría:Cancións de Italia en Eurovisión